Martes. 20.08.2019
El tiempo

Sindicatos, unidos, e patronal achegan posturas para intentar poñer fin á folga das ambulancias

Sindicatos, unidos, e patronal achegan posturas para intentar poñer fin á folga das ambulancias

Hoxe, 20 de marzo, era o día no que comezaba a folga indefinida dos traballadores do transporte sanitario. Porén, pode ser o día en que remate todo o conflito e se peche o convenio definitivo entre patronal e traballadores que podería estar vixente ata 2022. A reunión da mesa negociadora do pasado luns 18 foi moi positiva e deixou un preacordo asinado, que terá que ser ratificado polas asembleas locais este mércores 20 de marzo nas distintas delegacións.

Asinaron o convenio UGT, CIG, CCOO (por unha vez, os sindicatos unidos); e FEGAM, por parte da representación empresarial, no marco do Consello Galego de Relacións Laborais.

Un convenio que recolle moitas melloras do que viña ofrecendo a patronal nas primeiras reunións. Daquela eterna conxelación de soldos (levan case 4 anos sen subidas e a patronal ofrecía non recortar máis salarios como gran oferta), a presión realizada pola folga conseguíu varias medidas importantes.

O Convenio, que se firmaría ata 2022, inclúe unha suba salarial do 4% a partir do 1 de novembro de 2019; e arredor do 3 nos vindeiros anos, incluíndo varias pagas extras.

Esperan que os traballadores, despois de máis dun mes de paróns, tomen en consideración estas mellores e aproben o convenio. En caso contrario, a folga reiniciarase o día 21 ás 0:00h.

Novas relacionadas

Comentarios