Só 18 mulleres encabezan as 80 candidaturas nas eleccións municipais Costa da Morte de 2023

A Lei de Paridade Electoral pretende conseguir unha presenza equilibrada de mulleres e homes no ámbito da representación política. Unha desas necesarias leis de discriminación positiva que obriguen ao mundo político a adecuarse a unha realidade máis igualitaria.
A lei sinala que “no conxunto da lista, e en todo caso en cada tramo de 5 postos, os candidatos e candidatas dun ou doutro sexo non poderán estar representados en menos do 40 %”. Lido así serían varias as listas da comarca que incumplirían esta lei, pero a realidade é que a mesma inclúe como “excepción os concellos de menos de 3.000 habitantes e as illas de menos de 5.000 habitantes”.
Así, se ben inflúe na redacción das listas, a Lei indica nada sobre a cabeza de lista. E aí é cando a igualdade topa de novo coa realidade. A nivel nacional a media de mulleres candidatas non chega ao 40% e só Podemos presenta máis candidatas que candidatos nas grandes cidades.
Na Costa da Morte a situación é moito máis grave. Só 18 das 80 listas presentadas nos 19 Concellos da Costa da Morte a estas eleccións muncipais de 2023 están encabezadas por mulleres, isto é un 22,5%.
Hai exemplos moi positivos como os Concellos de Camariñas e A Laracha, onde dúas das 3 candidaturas están lideradas por mulleres. Mellor é exemplo é o de Muros, onde este ano son 3 mulleres candidatas de 4 listas, cando nas pasadas eleccións eran o único concello co 100% de candidatas mulleres. Un tope que non alcance ningún concello dos 19 que cubrimos en QPC.
Porén hai 6 concellos non hai ningunha cabeza de lista feminina (Carnota, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Laxe e Malpica).
Por partidos
Falando en función dos partidos, cómpre sinalar que o PSOE é o que máis caras femininas presenta no alto das listas: 8 das 19 (un 42%).
PP e BNG rondan o 25% con 5 candidaturas femininas populares e 4 nacionalistas.
En canto ao resto de partidos, incluíndo grupos independientes, VOX, Espazo Común, Partido Galego… só Pilar Iglesias (de IxCee) e Aurora Domínguez (de Alternativa dos Veciños de Fisterra) encabezan as súas listas.
Nº MULLERES CANDIDATAS POR CONCELLO |
Nº MULLERES CANDIDATAS POR PARTIDOS |
|||||||
Concello | Nº Mulleres cabeza de lista |
Candidaturas totais |
% | PP | PSOE | BNG | OUTRO | |
CABANA | 1 | 3 | 33 | 1 | ||||
CAMARIÑAS | 2 | 3 | 67 | 1 | 1 | |||
CARBALLO | 1 | 6 | 17 | 1 | ||||
CARNOTA | 0 | 4 | 0 | 1 | ||||
CEE | 2 | 5 | 40 | 1 | 1 | |||
CORCUBION | 0 | 5 | 0 | |||||
CORISTANCO | 0 | 4 | 0 | |||||
DUMBRIA | 0 | 3 | 0 | |||||
FISTERRA | 1 | 4 | 25 | 1 | ||||
LARACHA | 2 | 3 | 67 | 1 | 1 | |||
LAXE | 0 | 4 | 0 | |||||
MALPICA | 0 | 5 | 0 | |||||
MAZARICOS | 1 | 4 | 25 | 1 | ||||
MUROS | 3 | 4 | 75 | 1 | 1 | 1 | ||
MUXIA | 1 | 4 | 25 | 1 | ||||
PONTECESO | 1 | 7 | 14 | 1 | ||||
SANTA COMBA | 1 | 5 | 20 | 1 | ||||
VIMIANZO | 1 | 3 | 33 | 1 | ||||
ZAS | 1 | 4 | 25 | 1 | ||||
TOTAL | 18 | 80 | 5 | 8 | 4 | 2 | ||
PORCENTAXE | 22,5 | 26,3 | 42,1 | 21 |