Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Un pequeno terremoto fixo tremer o norte da Costa da Morte

Terremoto Laxe
Un pequeno terremoto fixo tremer o norte da Costa da Morte

A Costa da Morte tremeu esta pasada noite de martes 21 de decembro. Eran as 18:30h cando se notaba un tremor na zona de Bergantiños e moita xente comezaba a buscar información. Foi un pequeno terremoto de 3,5º na escala de Richter, focalizado en Laxe, a uns 10 km de profundidade. Unha magnitud xa de cor laranxa no visualizador do IGN, na última escala antes dos maiores de 4º (os de cor vermella).
De feito, nas últimas horas só se rexistraron dous tremores máis potentes, ambos no Atlántico, un a altura de Portugal e outro xa en augas de Marruecos.

O tremor notouse practicamente en toda a comarca, non só en Bergantiños, senón tamén en na zona de Mazaricos-Dumbría, onde os cans das aldeas puxéronse a rabiar, ou mesmo en Santa Comba, onde “bailaban as cadeiras”, como conta algún veciño da zona de Castriz.

Zonas como o val de Soneira tamén o sufriron de cheo.

Novas relacionadas

Comentarios