O TSXG ampara unha medida da Xunta para comezar a restrinxir zonas de extracción da mexilla

Os mariscador@s e percebeir@s de todo o país vén como unha pequena vitoria, “un paso pequeno pero bastante importante” a nova resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que considera legal a decisión da Xunta de restrinxir certas zonas da extracción da mexilla.
A resolución anunciada antonte vén dunha denuncia presentada polo propio sector bateeiro ante a decisión da Consellería do Mar, hai un ano, e no marco da modificación dos Plans de Explotacións, de manter certas zonas libres de extracción da mexilla. Unha petición histórica dos percebeiros, pero que ata agora a Xunta non acaba de aprobar.
En calquera caso, o TSXG si que ratifica a viabilidade de poñer restricións aos bateeiros, polo que a Xunta ten unha base legal firme que ampara ás confrarías para incluír zonas de reserva. “Esperamos que a Xunta respeten zonas importantes, polo menos”.
Sobre a resolución, os xuíces descartan que altere “un suposto monopolio dos bateeiros sobre a extracción da semente de mexillón en roca para atribuírllo aos percebeiros”, pois esa era unha das críticas do sector.
O decreto, segundo indica o alto tribunal galego, non regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais, como interpreta a parte recorrente, pois esa actividade ten o seu propio marco normativo. Así, destaca que o que fai é “establecer unha cautela dirixida a protexer os recursos marisqueiros, en particular, o percebe, facendo fronte á realidade física da coexistencia de dous recursos no mesmo espazo físico en determinadas zonas do litoral, limitándose a sinalar un contido posible dos plans de xestión do percebe, que sería a reserva de zonas para a extracción da semente de mexillón”.
Unha pequena batalla gañada polos percebeiros nesta longa e tediosa guerra contra os bateeiros.
Exposición en Laxe
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou hoxe na inauguración da exposición Percebe de Laxe, composta por imaxes do fotógrafo Luis Polo e que se pode visitar no Museo do Mar de Laxe, onde destacou que a extracción do percebe é un dos sinais de identidade das xentes e do mar de Laxe.
Esta exposición é a primeira dunha serie de iniciativas que vai poñer en marcha o Concello de Laxe para a potenciación e promoción deste produto entre as que se encontra a creación da ruta do percebe de Galicia.
NOVAS SOBRE PERCEBEIROS
- "Percebe a Barca, Ouro Atlántico", a nova marca do marisco de Muxía.
- Os percebeiros de Galicia envíanlle o CV á Xunta ante o risco de desaparición da súa profesión.
- Xuño 21: A Confraria de Corme fai balance do proxecto de control e vixilancia dos bancos marisqueiros.
- Xaneiro 21: Sen solucións ao problema da mexilla 8 meses despois dos conflitos entre percebeiros e bateeiros.
- 28-12-2020: Os percebeir@s analizan as perdas por non ter traballado o pasado sábado.
- 16-12-2020: A morte do percebeiro en Laxe reabre o debate sobre as condicións do colectivo.
- 14-12-2020: Atopan sen vida un percebeiro que caeu ao mar en Laxe.
- 20-10-2020: Tres percebeiros rescatan un compañeiro que caeu ao mar:
- 15-10-2020: Os percebeiros de Muxía tiveron que acodir ao Xulgado por unha denuncia dos bateeiros da Arousa.
- 13-10-2020: Os percebeiros de Muxía cazan un furtivo en plena faena .
- Maio 2020: Os percebeiros de Muxía escoltan a súa costa contra a ameaza dos furtivos.
- Gracias percebeir@s!.
- 30-05-2020: As confrarías trasladáronlle o seu malestar á Conselleira por situarse do lado dos bateeiros.
- 26-05-2020: As confrarías consideran ridícula a proposta da Xunta de excluír da extracción da mexilla só 50 dos 1.7000 km da costa atlántica galega.
- 21-05-2020: “O pobo sentíu unha humillación pola invasión dos bateeiros, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”.
- Piden a mellora do coeficiente redutor de xubilación para os colectivos de mariscadoras, percebeiros e recolectores de algas.