Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Sen solucións ao problema da mexilla 8 meses despois dos conflitos entre percebeiros e bateeiros

Percebe e mexilla adoitan medrar xuntos
Percebe e mexilla adoitan medrar xuntos
Sen solucións ao problema da mexilla 8 meses despois dos conflitos entre percebeiros e bateeiros

O pasado 1 de decembro abriu a campaña da mexilla, e como albiscábamos o pasado mes de maio despois dos encontronazos entre bateeiros e percebeiros do mes de maio, imos volver ter os mesmos problemas.

Dende que a Xunta propuxera aquela ”ridícula” proposta de excluir da extracción da mexilla apenas 50 dos 1.700 km da costa atlántica galega (na Costa da Morte só estarían incluídas unha pequena zona da Barca e unha parte do Roncudo; "parece que o resto de confrarías non existimos", lamentan percebeiros de zonas como Malpica, Caión ou Camelle), apenas houbo uns pequenos contactos coa Consellería do Mar.

Pero a día de hoxe non hai ningunha resolución en firme por parte da Xunta, o que demostra unha deixadez de funcións tal que xa provoca os primeiros incidentes entre bateeiros e percebeiros acontecidos na ría de Arousa ou en Cangas a semana pasada.

Ante esta situación,os percebeiros da zona están “cansados de tanta espera e cada días máis preocupados” ante a hipotética visita dos bateeiros. De feito, os bateeiros xa estiveron por Corme, por Caión e por Merexo as pasadas semanas, pero en zonas onde non hai moito percebe, onde a extracción da mexilla non entorpece o crecemento do percebe (cómpre lembrar que o percebe precisa da mexilla para medrar ben). “Queremos enviar o noso apoio ás confrarías do sur, e pedimos que se busque unha solución para que non volvan xurdir os problemas do ano pasado”, reiteran os percebeiros da Costa da Morte.

Mentres, a Consellería segue sen tomar decisións e o máis grave é que as últimas cousas que lle trasladaran aos percebeiros a finais de novembro é que “non ía haber modificación ningunha ao regulamento da obtención de mexilla”. Polo tanto, os bateeiros poden ir á mexilla en todo o ámbito galego autorizado como se veu facendo nos últimos anos sen ningún tipo de restrición, só pedindo o respecto ao traballo dos outros en referencia aos percebeiros e ás zonas máis sensibles da explotación do percebe.

En calquera caso a problemática segue enriba da mesa, e non debaixo da alfombra como pretende a administración. E os percebes de zonas fetiche como a do Roncudo (Corme), a Insua (Caión), A Illa (Malpica), A Mundiña (en Laxe) ou a Barca (Muxía) seguen en perigo.

"Hai que tomar solucións, para evitar que os compañeiros nos esteamos enfrontando", sinala o patrón maior de Caión, Hértor Morgade.

Traballar na fin de semana

Outro asunto que segue a ser vital para os [email protected], como se demostrou este pasado Nadal, é a posibildade de traballar en función das mareas e non do día da semana que sexa. Analizábamos o pasado mes que as perdas por non ter podido traballar o sábado 26 de xaneiro poderían ascender a máis de 100.000€ só nas confrarías de Laxe, Camelle, Corme, Malpica e Muxía.

NOVAS SOBRE PERCEBEIROS

comentarios