Os percebeiros de Galicia envíanlle o CV á Xunta ante o risco de desaparición da súa profesión

Fai máis dun ano do estoupido da problemática existente entre o sector bateeeiro e os percebeiros. Unha situación que vivíu o seu episodio máis quente en Muxía, pero que afecta a toda Galicia, a pesar do cal a Consellería do Mar non ten tomado ningunha decisión.
A política de deixar facer ao sector bateeiro na súa extracción de mexilla é algo que cansa aos percebeiros de todo litoral galego. De feito, a Xunta non dá aprobado nin aquela ridícula protección de 50 dos 1.700km de costa atlántica galega que presentou como borrador poucos días despois do encontronazo, deixando barra libre ao sector bateeiro para poder extraer mexilla cando e onde queiran.
De feito, o borrador daríalles aínda máis permisividade aos bateeiros para extraer mexilla, cun mes e medio máis de tempo permitido que actualmente, ampliando o horario ata ás 21.00h e mantendo a falta de límites.
De aí que os percebeiros de toda Galicia estean cada vez máis cabreados. A última iniciativa, acordada na última reunión da Federación de Confrarías (na que estiveron os patróns maiores de Camariñas, Caión, Camelle, Corme, Laxe Fisterra, Lira, Malpica, Muxía, Muros, O Pindo) é ben singular.
Tod@s @s profesionais vanlle enviar o seu Currículum Vitae á Conselleiría do Mar para solicitar traballo, ”dado que o meu medio de vida se atopa ameazado e en risco de desaparición, sendo a principal responsable deste feito a propia Consellería do Mar, ante a inacción e ineficacia demostradas para tentar solucionar un conflito entre os sectores bateeiro e percebeiro de Galicia e sobre todo por non asumir as súas competencias de garantir a protección e a sustentabilidade do medio mariño”.
Reunión coa Xunta
Ademais, van soliciitar unha reunión coa Conselleira de Medio Ambiente para presentarlle informes que demostran que a extracción da mexilla provoca un dano ecolóxico no percebe, e tamén para dar conta da falta de acción da Consellería do Mar.
NOVAS SOBRE PERCEBEIROS
- Xuño 21: A Confraria de Corme fai balance do proxecto de control e vixilancia dos bancos marisqueiros.
- Xaneiro 21: Sen solucións ao problema da mexilla 8 meses despois dos conflitos entre percebeiros e bateeiros.
- 28-12-2020: Os percebeir@s analizan as perdas por non ter traballado o pasado sábado.
- 16-12-2020: A morte do percebeiro en Laxe reabre o debate sobre as condicións do colectivo.
- 14-12-2020: Atopan sen vida un percebeiro que caeu ao mar en Laxe.
- 20-10-2020: Tres percebeiros rescatan un compañeiro que caeu ao mar:
- 15-10-2020: Os percebeiros de Muxía tiveron que acodir ao Xulgado por unha denuncia dos bateeiros da Arousa.
- 13-10-2020: Os percebeiros de Muxía cazan un furtivo en plena faena .
- Maio 2020: Os percebeiros de Muxía escoltan a súa costa contra a ameaza dos furtivos.
- Gracias percebeir@s!.
- 30-05-2020: As confrarías trasladáronlle o seu malestar á Conselleira por situarse do lado dos bateeiros.
- 26-05-2020: As confrarías consideran ridícula a proposta da Xunta de excluír da extracción da mexilla só 50 dos 1.7000 km da costa atlántica galega.
- 21-05-2020: “O pobo sentíu unha humillación pola invasión dos bateeiros, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”.
- Piden a mellora do coeficiente redutor de xubilación para os colectivos de mariscadoras, percebeiros e recolectores de algas.