Última traca das representacións de Aantena por espazos singulares da comarca

Xa teñen pasado pola a praia Camelle, a reitoral de Caión, a área de Mordomo (Traba), a praia das Lobeiras de Arou, o Cemiterio dos Ingleses, o faro de Lariño, a Barca, o Bela Fisterra ou O Ézaro, onde actuaron esta pasada noite. Quedan só 3 da ducia de representacións sobre os Naufraxios que a compañía costeira Aantena está desenvolvendo pola Costa da Morte coa axuda de O Teu Xacobeo.
Hoxe venres 26 estarán ás 23:00h, na contorna da praia da Concha, en Cee; mañá sábado 27 toca na praia de Quenxe; e a última será o vindeiro 3 de setembro na Ermida de San Adrián (ás 21:30).
A campaña está sendo un rotundo éxito, tanto de asistencia, con arredor dun centenar de persoas en cada lugar, como de críticas dos asistentes. I é que unha proposta así de singular, así de directa e natural, en espazos singulares como os escollidos, con historias concretas para cada representación é algo que non pode fallar.
Para a lembranza quedaralles a sesión do Cemiterio dos Ingleses, chovendo a cántaros, e unha ducia de bravas persoas que aplaudiron máis que foran cen mil!







AS RUTAS
Paralelamente, a entidade prepara unha serie de rutas guiadas polo patrominio inmaterial do litoral camariñán. Aínda quedan prazas:
- Ruta Norte: Do 22 ao 26 de agosto: ruta circular con inicio e fin no Porto de Laxe para coñecer a historia do Adelaide nun recorrido pola costa ata Malpica para descubrir historias de barcos como: Kenmore, Adelaide, Chamois, Priam…
Ten paradas: Praia de Traba, Faro de Laxe, Faro de Roncudo, Faro de Punta Nariga, Cabo de San Hadrián e Malpica . - Ruta Centro: Do 5 ao 9 de setembro). Percorrido circular pola Costa do concello de Camariñas para coñecer os espazos e lugares dos naufraxios máis significativos: Banora, Serpent, City of Agra, Iris Hull, Trinacria.
Ten paradas en Cereixo, Porto de Camelle, Porto de Santa Mariña, Praia de Lobeiras (Arou), Cemiterio dos Ingleses, Faro Vilán. - Ruta Sur: Do 12 ao 16 e do 19 ao 23 de setembro. Ruta circular con inicio e fin na punta da Barca para ollar os restos do naufraxio petrificados da Virxe da Barca para percorrer a costa polos cabos de Touriñán, Fisterra e Cee e acadar a praia do Ézaro para coñecer historias como a Flotilla de Padilla, os barcos como o Sunrise e o Great Liverpool.
Ten paradas en: Punta da Barca, Faro de Cabo Touriñán, Faro de Fisterra, Faro de Cabo de Cee, Praia de Gures e Ézaro.
Para todas as rutas (teñen un custe de 20 euros) hai dous puntos de encontro (Porto de Camariñas ou Porto de Laxe), arrincan ás 10:00h e duran 4 horas. Vaise en furgoneta de 9 plazas para o recorrido. Visita con guía especializado. Compre reservar en www.naufraxios.com.
NOVAS RELACIONADAS
- Agosto 22: As funcións dos naufraxios "retratan a historia e idiosincrasia das xentes de Costa da Morte”.
- Agosto 22: aAntena leva as súas representacións dos naufraxios a 12 espazos singulares da Costa da Morte.
- Setembro 21: O Ézaro e Quenxe acollen as primeiras representacións teatrais sobre naufraxios de aAntena.
- Setembro 21: aAntena recupera a historia dos nosos Naufraxios da Fin da Terra.
- Agosto 21: Volven as pantasmas das Noites dos Naufraxios no Cemiterio dos Ingleses .
- Agosto 21: Volven ás Noites de Naufraxios ao Cemiterio dos Ingleses.
- Novembro 2020: Aantena conseguiu levar o noso patrimonio invisible a Fisterra.
- Agosto 2020: As historias dos naufraxios de Aantena chegan ata Bergantiños