Un grupo de 130 cicloviaxeiros atravesan a Costa da Morte
12:03 06/08/24
Se vos topades cunha grupeta de 130 ciclistas non vos estranedes. Xa andan pola comarca os cicloviaxeiros dos Encontrinhos, unha iniciativa organizada polo colectivo herculino Mobi-Liza, que está a realizar unha viaxe en bici dende a Barbanza ata a Coruña, atravesando todo o noso litoral.
Saían o sábado de Ribeira e xa pasaron esta noite de luns a martes no pavillón de Muros. Hoxe percorren os 60k que hai ata Corcubión, onde tamén gracias á colaboración municipal poderán durmir no pavillón.
De aí a Camariñas, de Camariñas a Laxe, de Laxe a Malpica e de Malpica á Coruña. Un xeito ideal de coñecer o litoral da Costa da Morte a dúas rodas, e en equipo.