xoves. 14.11.2024
El tiempo

Un novo premio a nivel estatal para a Asoar-Armega polo seu traballo na seguridade no mar

Un novo premio a nivel estatal para a Asoar-Armega polo seu traballo na seguridade no mar

Segue demostrando a Asociación de armadores de artes menores de Galicia, ASOAR-ARMEGA, por que é toda unha referencia a nivel europeo en materia de pesca artesanal. A entidade, radicada na Costa da Morte, recibirá este próximo 8 de Novembro, no Salón Náutico de Barcelona, o galardón “Ancla de Plata”, como recoñecemento pola súa contribución á difusión da cultura de seguridade no ámbito pesqueiro.
Un premio concedido pola Sociedade de Salvamento Marítimo e Radio Nacional de España co que se pon de manifesto o recoñecemento das actuacións da entidade e a súa conciencia sobre a Seguridade no mar.

Prevención e seguridade

Valórase este premio por todas as actividades realizadas pola entidade (ver abaixo a listaxe de novas), levadas a cabo de diferentes formas, como por exemplo, publicacións de folletos e guías de prevención e seguridade no mar. En cada unha de elas se identifican os riscos ós que están sobreexpostos os tripulantes dos barcos e se explican as medidas preventivas a tomar por eles.

Exercicios prácticos

Cabe destacar a realización de xornadas de exercicios de adestramento en salvamento marítimo ou simulacros na mar, levados a cabo pola entidade en diferentes puntos de varias zonas costeiras (oito xornadas, en oito portos diferentes, polo momento), nos que participan tanto física e activamente xente do sector, persoal da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima e o público da zona.

>Preténdese con estes simulacros, reforzar e reeducar ó sector pesqueiro de baixura no uso de equipos e dispositivos de seguridade e salvamento que levan a bordo, e practicar os protocolos de actuación ante unha emerxencia na mar, así como de familiarizar e dar a coñecer os distintos medios de salvamento dos que dispoñe a Administración Pública para estes casos e coordinar as labores de rescate entre ambas partes.

Achegamento do mar ás escolas

Ademais, estes exercicios compleméntanse con actividades paralelas levadas a cabo en centros escolares, que consisten en dar traslado ás aulas estes exercicios, así como familiarizar ós alumnos có uso dos dispositivos de seguridade de que dispoñen á hora de realizar actividades de ocio no mar, reforzando e formándoos na seguridade durante estas prácticas.

Outros premios

Compre rcordar, que xa no ano 2010, a entidade foi premiada co “Premio al trabajo Digno”, outorgado pola Fundación Luis Tilve, en recoñecemento por esta mesma labor en prevención.

Agradecemento ao sector

ASOAR quere agradecer a implicación e colaboración de diferentes entidades do sector pesqueiro (cofradías, asociacións, cooperativas,…) nestes exercicios, e especialmente ás tripulacións das embarcacións que participaron activamente neste proxecto, así como á Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, Cruz Roxa, Protección Civil, concellos, e outros organismos implicados e por último a quenes conceden este galardón (SASEMAR e Radio Nacional de España).

Novas relacionadas

Máis novas

Outras novas da ASOAR

ASOAR e a Seguridade no mar

Divulgación e dignificación no mar

Fonte

  • Nota de prensa da ASOAR-ARMEGA.

Comentarios