Xoves. 07.11.2024
El tiempo

Visibilizando en Europa a desigualdade das condicións laborais das mulleres do mar

Ana Miranda con Mulleres na pesca no Parlamento Europeo-Foto-Delmi Álvarez
Ana Miranda con Mulleres na pesca no Parlamento Europeo-Foto-Delmi Álvarez
Visibilizando en Europa a desigualdade das condicións laborais das mulleres do mar
Ata o mércores 26 estará unha expedición de mulleres do mar de visita en Bruxelas, que conta coa presecia de dúas malpicás. Verónica Veres, presidente da Federación de Redeiras de Galicia O Peirao, e Ángeles Millé, presidenta da Asociación de Redeiras O Fieital e Secretaria da Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (Anmupesca) forman parte da expedición que a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, quixo levar ao Parlamento Europeo para a deixar patente as súas condicións laborais e as desigualaddes predominantes.

A visita enmárcase nas xornadas da Rede Europea de Mulleres da Pesca (AKTEA). A delegación galega mantivo un encontro de intercambio de experiencias con mulleres do sector pesqueiro e marisqueiro procedente de diversos países, como Croacia, Chipre, Irlanda, Italia, Reino Unido e Azores.

Na segunda sesión das xornadas de Mulleres Europeas do Mar, Miranda declarou imprescindible  que as asociacións de mulleres do sector do mar teñan acceso directos aos fondos europeos marítimo pesqueiros. "Reivindicamos ao FEMP e aos grupos de acción costeira que se facilite o acceso ás asociacións de mulleres para poder tramitalos directamente e poder recibir os fondos”, manifestou Ana Miranda.

“Sen redes e sen redeiras non hai pesca”

A presidenta de ANMUPESCA Rita Míguez destacou que o principal obxectivo da asociación consiste en visibilizar as profesionais do mar, así como incrementar o liderado das mulleres profesionais e promover a igualdade. Desde a Federación Galega de Redeiras, a malpicá Verónica Veres puxo de manifesto os diferentes problemas cos que se atopan as redeiras, como a falta de recoñecemento das enfermidades profesionais e as grandes dificultades para estar nas mesas nas que se toman as decisións. “Sen redes e sen redeiras non hai pesca”, subliñou.

Para Ana Miranda, este esforzo de visibilización ten que ir acompañado por unha política económica que se reflicta nos vindeiros fondos europeos e que supoña unha mellora efectiva da situación das mulleres neste sector produtivo.

Rede de Mulleres Europeas do Mar

A expedición participou o último día na asemblea xeral da Rede Europea de Mulleres da Pesca e da Acuicultura
(AKTEA), órgano ao que pertencen a presidenta de ANMUPESCA, Rita Míguez, e a presidenta da Federación Galega de
Redeiras, Verónica Veres.

 

Novas das redeiras

Comentarios