Dúas malpicás tecendo a Rede Europea de Mulleres na Pesca en Bruxelas

Como fixera unha completa expedición da pesca artesanal costeira o pasado 2018, o BNG volve levar a voz do noso mar ata o Parlamento Europeo.
Desta volverán as malpicás Verónica Veres, presidente da Federación de Redeiras de Galicia O Peirao, e Ángeles Millé, presidenta da Asociación de Redeiras O Fieital e Secretaria da Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (Anmupesca) as que formen parte da delegación de mulleres do sector pesqueiro que o BNG, a través da eurodeputada Ana Miranda, vai levar a Bruxelas.
A intención é visibilizar a situación laboral específica e as dificultades das mulleres no mar, e poñer en valor o seu traballo. Toto no marco das xornadas europeas Mulleres na Pesca, que se celebrará no Comité Económico e Social Europeo – CESE. As xornadas, que se celebrarán desde o luns 24 de febreiro ao mércores 26, para compartir experiencias con mulleres do sector pesqueiro de Croacia, Chipre, Irlanda, Italia, Reino Unido e Azores.
As xornadas servirán para analizar os procesos de toma de decisións polas institucións europeas e terán como cumio a celebración da asemblea xeral da Rede Europea de Mulleres da Pesca (AKTEA), que ten como obxectivo propoñer solucións sobre o trato desigual entre homes e mulleres nas diferentes actividades da pesca, desde o emprego, as condicións de traballo, o salario, os activos de la empresa (incluso as cotas de pesca) e a propiedade (incluídos os buques e os equipos de pesca).
Tamén estarán presentes representantes da Asociación de Mariscadoras de Carril (Amarcarril), a Asociación de Mulleres do Mar de Arousa, a Asociación cultural de mulleres do mar de Cesantes (Amarturmar), así como a Asociación de Redeiras Atalaia, de A Guarda.
Novas das redeiras
- 2018: Europa escoitou e anotou as demandas da pesca artesanal e o marisqueo.
- As Redeiras, condenadas a non poder xubilarse antes dos 67 anos.
- Xaneiro 2020: As Redeiras do Peirao manteñen a axuda da Xunta.
- Rita Míguez (Anmupesca): "Temos que mecanizar o mar”.
- Novembro 19: Unha exposición de fotos amosa en Mapica o traballo artesán das redeiras,
- Rosa, redeira e artesá: "Non podemos traballar aos 65 anos collendo pezas que pesan ata 50 quilos”.
- As Redeiras do Peirao caen na rede do Youtube para buscar o necesario relevo xeracional.
- As Redeiras do Peirao entregan a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo ao Museo do Pobo Galego.
- Calafateando: Redeiras, invisibles pero imprescindibles.
- “En Galicia, as mulleres do mar somos pioneiras en unirnos”.