Luns. 18.11.2019
El tiempo

As Xornadas Micolóxicas comezan a agromar pola Costa da Morte

Imaxe da exposición das Xornadas Micolóxicas do ano pasado en Cee-Foto-Rafa Quintáns
Imaxe da exposición das Xornadas Micolóxicas do ano pasado en Cee-Foto-Rafa Quintáns
As Xornadas Micolóxicas comezan a agromar pola Costa da Morte

Pasadas as primeiras (e potentes) chuvias, comezan a agromar os cogumelos. E con eles, as potentes Xornadas Micolóxicas que cada outono convirten a Costa da Morte en potencia galega.

Fisterra, Carballo, Cee, Corme, Ponteceso, Santa Comba, Carnota ou Zas son algúns puntos onde o reino fungi toma protagonismo. Polo de pronto imos coñecendo as datas das primeiras citas, que xa comezan esta fin de semana.

V Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra

Fisterra acolle as primeiras Xornadas, este sábado 19 e domingo 20 de outubro. O sábado haberá unha saída ao monte para recoller cogumelos a partir das 10:00h. O domingo será o día da exposición no Mercado Municipal (de 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h), e dos traballos feitos pola rapazada. Ademais haberá degustación a partir das 19:00h.

Xornadas Micoloxicas na Fin da Terra Fisterra 2019

XII Xornadas Micolóxicas de Lumieira en Carballo

A A.C. Lumieira artella tres sesións. O sábado 20, con saída ás 10:30h do Pazo da Cultura, haberá unha saída para recolleita de cogumelos. Xa pola tarde, catalogación con Tomás Rodriguez Novoa.
A cita do sábado 9 de novembro será semellante pero con Manuel Pose Carracedo. E pola tarde, ás 19:00h, haberá unha masterclass a cargo de José Arancel, con preparación, conservación e degustación de cogumelos, para a que hai que inscribirse en [email protected]

Xornadas Micoloxicas Lumieira

Xornadas Micolóxicas de Corme

O Bar Pedra da Serpe acolle as xornadas cormelás durante a fin de semana de 1, 2 e 3 de novembro. Curso impartido por Santy Corral que inclúe saídas ao monte, charla, catalogación e degustación.

Xornadas Micoloxicas Corme copia

XIX Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

As máis potentes sempre son da man da Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo. Este 2019 celébranse a primeira fin de semana de novembro, comezando coa saída aberta o venres 1 (necesaria a inscrición no 981747044) para recoller os cogumelos que servirán para facer a potente esposición da Casa da Cultura, que estará aberta sábado e domingo.

Haberá degustación de petiscos no Hotel Larry, taller de microscopio con José María Velay, conferencias con Chemi Costa e José Manuel Castro Marcote, ademais das sempre exitosas visitas guiadas pola exposición co propio Marcote e con Manuel Pose Carracedo.

Xornadas MIcoloxicas Cee 2019 2

Novas relacionadas

Comentarios