A #AxendaCostadaMorte énchese de citas

06:15 26/05/17

O venres será o día máis primaveral. Baixan as temperaturas, non se superarán os 20 graos e choverá. Xa o fará a primeira hora e choverá ata o mediodía. Na tarde do venres non choverá e iranse abrindo claros.
O sábado comezarán a subir as temperaturas outra vez e volverá a ser un día de bochorno.
Haberá bastantes nubes, moita humidade, pero non choverá.
O domingo o risco de chuvia é maior ao do sábado. Sobre todo na madrugada e na mañá onde é moi posible que orballe, a partir de aí non debería chover, irá calor e abafo.
En calquera caso o prognóstico do domingo aínda non é 100% fiable e é convinte chequear a web para verificalo.
Teatro
- Chega ao seu fin a II Mostra de Teatro Afeccionado de Zas. A cita é este domingo ás 18 horas no auditorio de Baio. Primeiro haberá a entrega de premios e a continuación terá lugar a clausura da X escola municipal de teatro infantil.
- X Festival da Escola Municipal de Teatro de Laxe Maio 2017 “Teatrapa”. Mañá, ás 12:30 horas, o alumnado das aulas de A Estrada, Touro, Palas e Laxe farán as súas representacións. Xa a partir das 18 horas, terá lugar o V Roteiro Teatral, Poético e Musical pola vila, con saída dende diante da Lonxa. O domingo, completa sesión de teatro pola tarde, co gruppo Folerpas e o Juapasconj de Laxe.
- Por Mazaricos o grupo de Teatro local representará na noite sabatina a obra A Miña Comadre Euxenia.
- En Malpica, haberá dúas sesións de teatro local cos Amigos de Malpica.
Rutas de sendeirismo
- As Andainas Costa da Morte descansan esta fin de semana.
- Senda Nova homenaxea este domingo a Eduardo Pondal cun roteiro por Bergantiños que se enmarca dentro da 8ª edición da Primavera en Ruta.
- Ruta PR-G 114 Laxe - Traba. Dentro do programa Reláxese realizarase mañá este roteiro de sendeirismo en colaboración coa asociación Senda Nova. Partirán ás 10 horas.
- Este domingo comeza o circuito de Andainas da Deputación en Santa Comba. A saída é ás 9:30 horas dende a Casa da Cultural.
- Tamén o domingo, toca estrear as rutas de sendeirismo de Mazaricos cun interesante Roteiro Literario.
Festas
- Festas de san Eleuterio de Tella. Hoxe e mañá, a parroquia pontecesá de Tella celebra as festas na honra de san Eleuterio. Hoxe actuarán as orquestas Dilema e París de Noia e mañá será o turno de La Ola.
- Festas en Brandoñas (Zas). O Combo Dominicano amenizará a verbena de mañá.
- VIII xuntanza Folk en Lires. Lires acolle este sábado unha xuntanza folk que comezará a partir das oito da tarde. O Ghusto do Boi, Sés e Tanto nos Ten completan un atractivo cartel.
- Festas de Santa Ana en Arantón (Santa Comba). O domingo terá lugar as festas na honra de Santa Ana. O trío Élite será o encargado de amenizar a verbena.
Exposicións permanentes
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábado e domingo de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
Gastronomía
- Xornadas gastronómicas en Vimianzo. Varios restaurantes da vila ofrecen ata este domingo un menú especial que se enmarca dentro das Xornadas Gastrómicas Primavera 2017. O menú ten un custe de 20€ por persoa, coa bodega á parte. Para comer ou cear nestas xornadas de degustación é preciso reservar previamente.
- Rutas de tapas en Santa Comba. Esta fin de semana continúa en Santa Comba a VII edición da Ruta de Tapas na que participan oito establecementos da vila.
- Carballo por Etapas. Esta fin de semana chega a 5ª edición do Carballo por Etapas. 19 establecementos ofrecerán tapas especiais por 1,5€.
Feiras do comercio
- II Festa da Primavera no comercio de Cee. Esta fin de semana, dezanove comerciantes de Cee sacan os seus productos á rúa con descontos especiais e animacións.
- I día do Comercio en Laxe. Varios comercios da vila participan este sábado no I Día do Comercio no que no faltará a gastronomía nin os descontos e os sorteos.
Outras citas
- Monólogo de Sergio Pazos en Carballo. Hoxe, a partir das 21 horas, Sergio Pazos súbese ao escenario do auditorio do Pazo da Cultura de Carballo dentro do ciclo de monólogos organizado por R.
- Homenaxe ao Gerente de Esteiro. Este sábado, os organizadores das Carrilanas de Esteiro e o concello de Muros organiza unha homenaxe a Ramiro García Nuñez, que leva máis de 30 anos involucrado na organización das carrilanas de Esteiro.
- O salón de actos do Voluntariado de Muxía acolle mañá, ás 20 horas, a proxección do documental Entrar aos Vilares.
- Clausura das escolas culturais dde Camariñas. A casa de Pedra acolle mañá a partir das 18 horas as actuacións da escola de baile latino e moderno e o domingo, ás 17:30 horas, as de música moderna.
- Presentación literaria en Corme. A Solaina de Corme acolle mañá, ás 17:45 horas, a presentación do libro "Charamuscas" de Suso Lista. Na presentación estarán tamén Miguel Toval e Xosé Manuel Varela.
- Acto reivindicativo da figura de Enrique Labarta Pose. Varias asociacións de Baio organizan para mañá, ás 12 hora nas escolas Agra de Regueiro, un acto para reivindicar a figura do ilustre escritor e xornalista baiés.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)