sábado. 10.05.2025
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte refúxiase en Rosalía e nas filloas

A #AxendaCostadaMorte refúxiase en Rosalía e nas filloas
AxendaCostadaMorte dia rosalia Pasou o Entroido e #AxendaCostadaMorte e a Costa da Morte celebra o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Varios concellos prepararon programación para este 24 de febreiro, e outros manteñen viva a súa programación cultural continua, a gran animadora do inverno a base de teatro, música e sesións para toda a familia. A Festa da Filloa de Zas é unha das citas máis singulares, pero ollo que hai moitas máis cousas que facer esta soleada fin de semana.

Parte de 4gotas.com

Fin de semana anticiclónica en Galicia e desta volta, anticiclón si que é sinónimo de sol. Moi pouquiñas nubes, ou menos ningunha, en toda a fin de semana. Lucirá o sol, non irá o vento que houbo en varios días desta semana e as temperaturas polo día serán agradables (especialmente o domingo con máximas nos 14-15 graos). As noites serán frescas. Chegan cambios a partir do martes pola tarde.

Citas á Rosalía

Citas singulares

 

Exposicións

  • Tenda Turística Stoupa acolle este mes unha exposición do autor muradano Roque Rey.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.

Máis información

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios