Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A bitácora da semana (CCLVII): Embelece Carnota

A bitácora da semana (CCLVII): Embelece Carnota

Que mellor momento para traer este blog-certame. embelececarnota.blogspot.com. Unha proposta que consiste en dar un premio ao que mellor rehabilite unha zona do seu pobo, sempre en Carnota.

De feito, serán catro proxectos os que concorran ao II Concurso de Embelecemento de Contornos e Espazos Públicos e Privados convocado polo concello de Carnota: Recuncho de relax no Barreiro (Lira), presentado por Salvatore Parisi; Acondicionamento do contorno da fonte de Martiaño (Lira), presentado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lira; Acondicionamento do contorno da casa reitoral de Lira, presentado pola Asociación Cultural Canle de Lira, e Remodelación dun xardín público na praza de San Gregorio (Carnota), presentado pola Asociación de Minusválidos da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR).

As actuacións presentadas serán valoradas in situ a partir do 30 de maio por un xurado composto por representantes do profesorado e do alumnado dos diferentes centros educativos do municipio. O 14 de xuño, o xurado dará a coñecer o proxecto gañador, que será premiado con 1.000 €.

Bitácoras da Costa da Morte

Aquí tendes o máis completo directorio e listaxe de blogs da Costa da Morte:

Fonte

Comentarios