Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A canteira audiovisual recupera a historia bergantiñá

A canteira audiovisual recupera a historia bergantiñá
Imaxe do Obradoiro de videoclips no FormaCIP Interplay

Seguimos esperando, como auga de maio, o II Festival de Webseries Carballo Interplay, logo do radical éxito da primeira edición. Mentres van rematando as propostas formativas de primeiro nivel en materia audiovisual (o mesmo Jorge Coira califica estes módulos como marabillosos), as mellores webseries do país vanse preparando para aterrar en Bergantiños para os vindeiros 16, 17 e 18 de abril.

Xa teñen o xurado listo e todo, con Paula Hernández, Xavi Daurae Esteban Navarro de Venga Monjas, Daniel Vilaverde e Sara Gómez Iglesias. E contan con algunha sorpresa como a estrea do primeiro capítulo da sexta temporada de “Entertainment”, a nova proposta do equipo de Malviviendo.

E paralemente, gracias a influencia destas propostas audiovisuais, nacen novos proxectos polo arredor, como o PROXECTO NEME, no que están traballando 20 rapazas e rapaces do IES Parga Pondal guiados nun obradoiro pola produtora Beli Martínez, unha das responsables do Proxecto Socheo da Guarda. Falamos dun proxectp de recuperación da memoria audiovisual, que tamén estará presente no Festival. Este é o primeiro detalle que nos deixan, a visita de Franco ao Certamen agro-pecuario de Carballo no ano 1954:


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios