Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte tamén quere unha economía xusta

A Costa da Morte tamén quere unha economía xusta

O Colectivo COSAL Costa da Morte está a organizar unha charla para este, xoves 10 de febreiro, ás 20:15 no Salón de Plenos do concello de Cee. Trátase dunha charla informativa con posterior debate, a cargo de Marcos Gay, membro do movemento ATTAC.

Marcos explicará que é ATTAC (movemento cidadá que propón alternativas ao sistema imperante, entre elas taxar as transacións financeiras, de aí o seu nome), cales son as súas propostas e como as desenvolven.

Continuando na busca e no coñecemento de alternativas a un sistema para nós evidentemente inxusto, cremos que o coñecemento do traballo de ATTAC é unha proposta interesante para quen concorde con nós nesa busca.

E por certo, antes da charla estará á venda o material da Campaña Rumbo a Gaza.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios