A Sala A Reserva pechou tras 12 anos fomentando a música alternativa en Bergantiños
Duro golpe aos amantes bergantiñas da música que se sae dos circuitos da verbena. Porque a realidade é que “a Sala A Reserva fixo máis pola música underground de Galicia que no 90% dos centros sociais ou culturais dio país”. A sala de concertos carballesa tivo que pechar esta pasada fin de semana, tras 12 anos de concertos, con Manuel Fernández Gesto ao fronte os últimos cinco.
E o fixo do único xeito posible, con música. O pasado sábado armaron unha festa por todo o grande, presentada por Migui Pazos, cos grupos locais Lowcos, Apart e os divertidos Familia Caamagno, que armaron unha festa espectacular na rúa, facendo bailar a todos os que disfrutaron desta histórica sesión rockeira.
O motivo do peche é simple, como nos explican dende a Sala. “é unha labor moi dura de sobrelevar e compaxinar co traballo e que apenas deixa gozar de tempo libre”. Mágoa que salas coma esta non consigan refrendarse como unha verdaira alternativa de negocio, rendible economicamente.
Estes días chegan a través das redes sociais palabras de agradecemento polo que significou a Reserva no panorama musical da comarca.
Iso si, “ Longa vida ao rock'n'roll”, que en Carballo queda moita e boa música por roer.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).