Aprendendo a ser bo espectador


”Gustaríame coñecer como se crea un espectáculo? Quero adquirir as claves que enriquezan a miña visión dunha obra e me permita valorala con máis profundidade?” Estas son varias das preguntas que deberían formularse as persoas interesadas en asistir á Escola do Espectador que este ano pon en marcha o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT).
Completando outras iniciativas que facilitan o achegamento ao feito teatral xa tradicionais do FIOT como os espazos informais do “Café con...”, a organización inicia nesta 23ª edición un novo proxecto co que pretende formar aos espectadores naqueles aspectos técnicos e artísticos que permitan a comprensión, amplíen a lectura e contribúan a formar unha opinión fundamentada, como un instrumento de aprendizaxe e aproveitamento cultural.
Non hai que esquecer, como recorda a organización do Outono de Teatro, que “a actitude do público é o que fai que o FIOT sexa tan especial para todos os que participamos nel e que sexa un evento cultural único en Galicia. É un delicado tesouro que nos enche de orgullo, que intentamos mimar e esperamos saber conservar e multiplicar”. Este apoio tamén se traduciu na case total venta de bonos e entradas soltas en menos dunha semana.
Clase os martes
A Escola do Espectador do FIOT estará conducida por Camilo Franco, un dos críticos de teatro máis relevantes de Galicia. Desenvolverase en catro sesións con periodicidade semanal os martes 7, 14, 21 e 28 de outubro ás 20.30h no Pazo da Cultura de Carballo.
Camilo Franco entende o seguinte por “espectador”: “Somos espectadores sen darnos moita conta, asegura. “En realidade, somos máis espectadores que outra cousa ao longo da vida.”Durante estas sesións, o crítico intercambiará cos asistentes ideas sobre o que eles consideran ser “espectador” para convertelos en “espectadores activos”. Neste sentido, reflexionarán sobre o espazo do teatro como o lugar óptimo no que entrenarse porque “é onde podemos exercer a observación sen que cause mal a quen observa e para aprender a mirar antes de falar”.
Durante as catro sesións, condutor e asistentes abordarán os distintos discursos dunha obra de teatro (textual, xestual, voces, lumínico, etc.) e a súa adecuada coordinación. Outro tema será a interpretación dos actores/actrices e a variación da historia en función da súa actitude, abordando a difícil relación entre a responsabilidade do intérprete e a do director ou “a quen botarlle a culpa se todo vai mal”, reflexiona cun punto de ironía Franco.
aMáis información e inscricións
Os interesados en anotarse na Escola do Espectador poden facelo no email fiot.carballo@gmail.com desde hoxe mesmo. A asistencia é libre. Para máis información, poden contactar coa organización do FIOT no 981 704 300, ext. 2 ou a través do mesmo correo electrónico.
Máis información
- Programa Completo do FIOT 2014 [pdf].
- Cita a cita en www.axendacostadamorte.com.
Novas relacionadas
- O FIOT convirte ás tabernas de Carballo en lugares de culto na Rúa dos Contos.
- Xa están á venda as entradas Non Identificadas do FIOT.
- Unha marea de actividades paralelas para facer máis grande o FIOT.
- Un Xograr moi titiriteiro.
- O Fiotiño, ou como soñar unha noite de teatro.
- O 23º FIOT revisa os clásicos coas mellores compañías de España.
- Mofa e Befa inaugurarán o FIOT máis Voluntario.
- 2014: Xa está en marcha o FIOT 2014.
- 2014: O FIOT adica a súa XXIII edición os grandes clásicos.
- 2013: Máis de 9.000 amantes do teatro disfrutaron da mellor edición da historia do FIOT.
- 2013: Un xograr de ouro para Pico.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- FIOT.
- Concello de Carballo.