Martes. 21.05.2024
El tiempo

Xa están á venda as entradas Non Identificadas do FIOT

Xa están á venda as entradas Non Identificadas do FIOT

Facemos un xogo de palabras para anunciar que hoxe xoves 25 de setembro abriuse a venta de bonos e de entradas soltas da 23ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) para o público en xeral a través do sistema de televenda de servinova.com ou no teléfono 902 504 500 (de 9.00h a 22.00h). E o facemos con este xogo porque queremos presentar, despois de falar da marea de actividades paralelas que fan tan grande este festival.

E apúrense, porque a ás 14.30 horas de hoxe, apenas seis horas despois de iniciarse a venta de bonos para o público en xeral e de entradas soltas, só queda un bono e unha entrada para o espectáculo da compañía Yllana, The Gagfather, para colgar o cartel de “esgotados”.

Unha de OTNI

I é que o ciclo OTNI, o “ciclo Obxecto Teatral Non Identificado” cumpre 5 anos cunha coidada selección de compañías, coma é o caso do colectivo Grumelot. Os madrileños escenificarán “Los brillantes empeños” unha arriscada produción con textos de Calderón, Tirso de Molina, Teresa de Ávila ou Lope de Vega, que non deixará o xoves 16 indiferente ao público. Grumelot actúa baixo a dirección do arxentino Pablo Messiez, un dos novos valores da xeración de directores arxentinos que trunfan en España.


O domingo 19 toca a proposta multimedia “Harket [Protocolo], de Panicmap (Valencia) e “Greenwinch Art Show”, de Marcarena Recuerda Sheperd (País Vasco) –esta é a súa segunda visita ao FIOT-, son as outras dúas propostas que se poderán ver neste orixinal ciclo OTNI.

Entradas

O xoves 25 de setembro abrirase a venta de bonos da 23ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) para o público en xeral a través do sistema de televenda de servinova.com ou no teléfono 902 504 500 (de 9.00h a 22.00h).

As entradas soltas do programa de sala, ciclo OTNI e dos tres espectáculos da Rúa dos Contos que terán lugar no Mercado Municipal estarán á venda tamén desde o xoves 25 de setembro a través do mesmo sistema telemático e o día de cada función na mesma billeteira do Pazo da Cultura, hora e media (19.30 a 21.00h) antes do seu inicio e sempre no caso de quedar butacas libres.

Os tickets da Rúa dos Contos poderán adquirirse tanto os días de función como antes nos locais participantes, excepto para os espectáculos “Antoloxía sen filtro” de Rober Bodegas (4€); “Psicópata” de Antón Coucheiro e “Os contos de Joselín da Central Folque” (6€) que se fará vía telemática e na billeteira do Mercado Municipal os días de función.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios