Venres. 29.03.2024
El tiempo

As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay

As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay
Angelica e Roberta as culpables do Carballo Interplay

Toda o mundo audiovisual relacionado coa produción web en España tiña os ollos postos en Carballo esta fin de semana. O pioneiro, primeiro na península, I Festival de Webseries Carballo Interplay chegou ao seu fin tras 4 días de vertixe cultural, onde a creatividade foi a protagonistas. O Festival serviu para ver e votar ás 35 webseries finalistas, das máis 100 presentadas ao certame, e seleccionar ás mellores. Pero serviu para moito máis.

Carballo convertiuse no punto de encontro de creadores, acolleu un fantástico taller de creación, grabación, edición e promoción audiovisual a través da rede; celebrou un festival musical; vivíu charlas e experiencias novas… un fervedoiro de arte e cultura.

Boa asistencia de publico no Carballo Interplay O edil Xose Regueira un dos responsables votando no Carballo Interplay

Foron Angelica e Roberta, protagonistas dunha das series que puideron ter sido finalistas pero que non puideron por ser parte da organización, foron as armadanzas, as culpables de convecer ao Concello carballés de levalo a cabo e as encargadas de ser as mestras de cerimonia. E foron as que deron o nome das series premiadas, despois das votacións, destacando a catalana Les Cosas Grandes e as galegas Poetarras e Entre Pipas:

  • Premio á mellor webserie en imaxe real: LES COSES GRANS.
  • Premio á mellor webserie de animación: Ventura Time.
  • Premio á mellor webserie en lingua galega: Poetarras.
  • Mención especial á webserie en lingua galega Palabras contadas.
  • Premio ao mellor guión, concedido por AGAG: Entre Pipas - La Serie.
  • Premio á mellor interpretación feminina: Mar Ulldemolins por Les cosas grandes.
  • Premio á mellor interpretación masculina: Xulio Abonjo e Luis Zahera por Entre Pipas.

Moito máis que series

Como dicimos, o Carballo Interplay foi moito máis que un festival de series. Coma se fose o Sundance das webseries, numerosas actividades aconteceron paralelas á proxección das 35 finalistas. Como a presentación do proxecto Código Fonte, da man de Xosé Touriñán. Unha viaxe polos clichés que percorreron a súa vida dende cativo, dende Songoku ata Mareas Vivas, pasando polo Centenariazo. Unha boa viaxe pola “rede” dos anos 90.

Xose Tourinan presentou Codigo Fonte no Carballo Interplay

Les cosas grandes

Entre Pipas

Poetarras

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios