Venres. 19.04.2024
El tiempo

Axenda barqueira da fin do verán

Axenda barqueira da fin do verán

Chega as festas das festas, e con ela báixase o telón do espectáculo estival na Costa da Morte. Non cabe dúbida de que a cita da fin de semana é a Festa da Barca de Muxía, que terá 4 días completos de troula.
Pero non quedarán por detrás por Ponteceso, que traen tamén 4 días de Festas da Barquiña.

Os que busquen máis o aspecto reflexivo poden achegarse ás segundas xornadas do III Encontro de Filosofía "Pensar a Voces", que terán as súas citas abertas a todo o público coa Discoteca Transferible do venres da man de Daniel Arias (Scream), ou o concerto da ROFCOM do sábado ás 22:30h.
En Vimianzo tamén hai cita coa pintura na inauguración da exposición de Antón Mouzo.

E por se queredes boa festa, podedes achegarvos á doble sesión de pinchas en Fisterra.

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

Comentarios