xoves. 15.05.2025
El tiempo

Axenda da primeira fin de semana de xullo na Costa da Morte

Axenda da primeira fin de semana de xullo na Costa da Morte
Axenda Costa da Morte 4-07-14

Como está a AxendaCostadaMorte, que ademais, dende xa conta co patrocinio do English Fest Camp Costa da Morte, que propón campamentos de verán en ingles para rapaces.
E é certo que QPC baixa o pistón pero a Axenda non decae, e temos un mes de xullo absolutamente repleto de festas e eventos culturais.

Comezamos o repaso a esta primeira fin de semana de xullo en clave irmandiña. É a festa da fin de semana, a máis singular, a máis auténtica. O XIX Asalto ao Castelo de Vimianzo chega máis potente que nunca, cunha reprentación renovada, uns pinchos irmandiños 2.0 e un cartel para o festival con grandes nomes como Kepa Junquera e Susana Seivane.

E seguimos en clave mariñeira, i é que un dos puntos fortes serán as Xornadas Muros Mira ao Mar, 3 días nos que a fermosa vila de Muros engalánase coas súas mellores redes para conxugar as raíces do patrimonio mariñeiro coa difusión turística.
Para o venres teremos tamén unha nova presentación do libro de poemas de Suso Bahamonde, desta volta en Lires, e dous concertos e un monólogo en Cee, o Pablo Balseiro e Charli cos seus ritmos frenéticos, e o Concerto Folk de Dog Roses, e mais o monólogo de Xan Veiga.
E despois, poderemos aproveitar para mover un pouco o corpo na Festa da Cascada do Ézaro, ou nas Festas do Rosario de Serantes, en Laxe. Teremos tamén a Festa da Empanada de Abelleira, en Muros, que servirá para abrir as Festas do Carme, que seguirán sábado, domingo e luns.

Para o sábado e o domingo teremos tamén as Festas do Socorro de Coucieiro, Muxía, as Festas de San Antonio de Ardaña, en Carballo, e mais as Festas de San Antonio de Tines, en Vimianzo.

E por se non houbese verbenas abondas, o domingo pechan as Festas do San Pedro da Ponte do Porto.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios