Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Axenda de película para o comezo do outono na Costa da Morte

Axenda de película para o comezo do outono na Costa da Morte

Comeza o outono, e volve a tranquilidade á zona. E esta semana si que o nota a Axenda Costa da Morte que non está tan activa como as anteriores fins de semana.

Pero antes repasar as citas, repasamos como chega o tempo para estes días cos amigos de 4gotas:
Primeira fin de semana do outono, ou máis podíamos dicir, derradeira fin de semana do verán.
Venres de ceo azul en toda a Costa con mañás e noites frescas e mediodías con temperatura moi agradable. O sábado fará un pouquiño máis de calor, pero na tarde comezaremos a ver o ceo máis branco por mor da chegada de nubes altas e deixará sensación de bochorno na tarde.
No domingo tamén teremos esas nubes altas e no interior da Costa e en Bergantiños é posible que haxa tormentas puntuais que deixen chuvascos no mediodía e primeiras horas da tarde. No resto da Costa a probabilidade é máis baixa, pero botádelle unha ollada a 4gotas.com o sábado por se hai cambios.

Fin de semana de cine

A primeira cita que temos que destacar é a estrea da documental Costa da Morte nos cines. E se medio país o poderá ver, tamén o poderemos ver aquí, nos Xines Xunqueira, de Cee, dende o vernes 26 ata o xoves 2 de outubro. Non perdan a ocasión de ver esta premiada documental de Lois Patiño que leva espallando a nosa vida por festivais de todo o mundo.

Con humor a Río

Fantástica a Gala de Humor Con Martín a Río, unha gala na Coruña con grandes mestres da escena humorística galega para levar ao nosos deportista cormelán máis internacional ás Paraolimpiadas de Río de Janeiro 2014.

De trasnos

E como non, unha das citas máis numerosas da volta, será a 3ª etapa do Camiño dos Faros, na que os trasnos unirán as capitais de Ponteceso e Laxe.

Poesía, música e festas

Outra das citas máis interesantes da fin de semana será a Perfomance Poético en Corcubión. O venres, a Capela do Pilar volverá poñerse de longo para recibir á Escola de Teatro e Danza de Santa Comba para traer o seu “O tempo nun instante”.

Un venres que se pode completar coa sempre orixinal e divertida Foliada-Xuntanza en Sardiñeiro. Servirá para fundar a Sociedade de Amigos de mollar a Palleta da Costa da Morte.

Teremos tamén cita musiqueira no Woodstock Cafe Day de Cee, onde da man de Emi dj, recordarán todos os éxitos do mítico festival.

Para o sábado teremos outra sesión cutural moi interesante, cunha Ruta polo legado de Lugrís en Malpica.

Teremos tamén unha cita no castelo de Vimianzo cunha palillada, na que participarán máis de vinte artesanas da Asociación de Palilleras As Nemanquiñas. A demostración comezará ás 11.00 horas do sábado no patio da fortaleza e prolongarase ata as 14.00 horas.

Teremos 3 días de troula nas Festas de Treos, en Vimianzo, con orquestras de primeira man.


Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

Comentarios