Axenda dunha fin de semana de monólogos, música e festas

08:55 03/10/14

Arrinca o FIOT cos contos á rúa
O festival de teatro máis importante da zona arrinca esta fin de semana e durará durante todo o mes de outubro.Se as o obras de sala comezaba a vindeira semana, as primeiras actividades que temos serán nas tabernas, no marco do primeiro venres da Rúa dos Contos, con Os 7 Magníficos máis un e Rober Bodegas, que ademais estrea espectáculo no Mercado Municipal. Para a noite do sábado toca triple monólogo, con Stephanie Llayora no Valle Inclán, unha de Regueifeiros no Pescador, e Candido Pazón no Colón. E a fin de semana péchase o domingo con Bacana e os seus Batman e Robin na Barra Bar, e mais Isabel Risco no Musicafé.De cine
E poderemos tamén ver, na gran pantalla, a documental Costa da Morte de Lois Patiño. Está nos Xunqueira Cines de Cee o venres ás 17:45, o sábado ás 17:30 e 22:00, o domingo ás 17:45, e de luns a xoves, ás 17:45 e 20:15.
Un Festival de festa e moita música en directo
Serve para abrir unhas festas pero é todo un festival de música rokeira. O Live in Cances traerá 4 grupos da zona para unha auténtica noite roqueira. Ademais, en clave musical, e lonxe do verbeneo, poderemos disfrutar dun par de bos concertos con xentes emerxentes da volta, como o vimiancés Serj que estará en Cee na noite do venres, ou a estrea dos locais Alan Acoustic Project tamén na vila da Xunqueira.Non paran as verbenas
Decíamos que o Live in Cances serve de pistoletazo de saída para as grandes Festas de San Campio de Cances, que durarán ata o domingo. Poderemos ir ata as Festas de Cerqueda durante toda a fin de semana, ou tamén ata as Festas de Sacramento do Couto.En clave cultural
E teremos tamén outras propostas, como son a conferencia do reumatólogo Francisco Blanco no marco do Mes da Fundación Fernando Blanco; a conferencia de Carlos Penelas en Vimianzo; unha cita co Teatro en Muros, e para pechar a fin de semana, volven os domingos teatrais a Vimianzo, co Decamerón de Cándido Pazó.Máis información
Tendes toda as citas debulladas en:Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).