Luns. 09.09.2024
El tiempo

#AxendaCostadaMorte para a última fin de semana de verán

#AxendaCostadaMorte para a última fin de semana de verán

A madrugada do luns 22 ao martes 23 remata o verán. E comeza o outono, volve a tranquilidade á zona, pero a Axenda Costa da Morte segue ben activa, como podemos comprobar nesta última fin de semana estival con varias festas, un festivalón, unha festa gastronómica das gordas, e varios concertos.

Pero antes repasar as citas, repasamos como chega o tempo para estes días cos amigos de 4gotas:
Tralas fortes chuvias do xoves, o venres seguirán chegando chaparróns desde o Atlántico. Afectarán sobre todo á zona entre Muros e Fisterra, sendo moi illados cara a Malpica.
O sábado seguirá esa zona sur a ser a máis afectada polas chuvias, aínda que menos frecuentes que o venres.
O domingo afástase un pouco a borrasca e non debería chover, pero atentos á web porque a pouco que non entre o anticiclón cambiaría todo o prognóstico.

Unha de pop para pechar a temporada festivaleira

O XVI Festival Xiria Pop trae a Carballo nomes de calidade da escena pop internacional, dos dous lados do Atlántico. Serán dous días nos que a Sala Dublín se sumerxa nos ritmos psicodélicos dos Anton Barbeau, ou no pub-rock dos The Tripwires.

Última cita festivaleira deste frondoso verán 2014 na Costa da Morte.

E veña festas

Non paran as Festas! Xa dende o xoves e ata o venres temos as Festas de Fátima de Cambeda, en Vimianzo. De venres a domingo, as Festas de Castriz, en Santa Comba. O sábado arrincan xa outras tantas, como son a Festas da Santiña de Trasufre, en Muxía; as Festas das Dolores de Sardiñeiro, en Fisterra; as Festas de Colúns, Mazaricos; ou as Festas dos Remedios de Corme, que arrincan coa simbólica Festa do Fin de Ano adiantado.

De patacas

A cita máis esperada ao longo do ano en Coristanco. A XXXIV Festa da Pataca de Coristanco chega cun completo domingo gastronómico, cun dos produtos máis importantes das terras de Bergantiños.

E de concertos

Pero non todo vai ser zampar, e para ghastar pista, temos a noite do sábado cun par de concertos. Estará Babar cun concerto acústico en Cee, e Zeros coa súa música rabuda en Corcubión.


Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

Comentarios