xoves. 15.05.2025
El tiempo

#AxendaCostadaMorte para unha fin de semana de teatro e medioambiente

#AxendaCostadaMorte para unha fin de semana de teatro e medioambiente
Axenda 13-03-15

Menuda Axenda Costa da Morte temos para esta fin de semana do ecuador de marzo. Pero antes de ver cita a cita, ollamos o exclusivo parte costeiro dos amigos de 4gotas.com:
Tralas chuvias do xoves (febles), o venres recuperamos a influencia anticiclónica e a manteremos toda a fin de semana. Iso si, tras o paso da fronte do xoves, descenderán as temperaturas e chegará vento frío do nordés.
Venres e sábado teremos algunhas nubes nos arredores de Malpica e sol no resto da Costa, con vento moderado e temperaturas aorredor dos 5ºC nas madrugadas (en puntos do interior máis baixas) e uns 12 de máxima nos arredores de Malpica, achegándose aos 15 nos arredores de Cee/Corcubión.
O domingo chegaránse nubes desde o norte. Afectarán sobre todo a Bergantiños, onde caerán 4gotas pola tarde, quedando con alternancia de nubes e claros a metade sur da Costa.
En resumo, agás a tarde do domingo en Bergantiños, finde fresco e con bastante sol.

Estrea da Casa da Cultura de Cee

Non consideramos cita a inauguración do Auditorio da Casa da Cultura de Cee, que pode ter ademais unha acción reivindicativa pola Autovía. Pero a verdade é que é unha cita ben simbólica, despois de 18 anos de obras… Unha inauguración moi electoralista, coa visita de Feijoo, que será o venres 13, coa actuación da Banda de Música de Cee e da Coral Polifónica Neria-Costa da Morte. Ademais abrirase o telón das exposicións do XI Premio de fotografía Luís Ksado, e outra cas esculturas de Alberto R. Costa.
Cando xa temos cultura con todas as letras será o sábado 14 toca teatro, co Método Gronholm, de Talía Teatro, por fin na casa. Volverán coller o relevo da Mostra de Teatro os bravos de Talía, con esta infraestrutura? Parécenos que non só depende dos medios senón tamén dos apoios…
Ademais, o domingo será día de actuacións locais, coas xentes de Terra de Sena, de Fumes do Cal de Ameixenda, da SCD de Brens, das Pedras Miúdas de Lires, e cos Grupos de Pandeireteiras de Pereiriña, Gures, Toba, Brens e do Cenntro Social, ademais do grupo Petaforte da Pereiriña.

Un venres cultural

Son moitas máis as cousas que poderemos traer, como o Venres Cultural en Carballo, co concerto de Acadacanto, ou a pinchada en clave #Venres13 en Cee.

Unhas mañás moi ecolóxicas

Xa o sábado teremos unha mañá moi natural. Por un lado arrincará a Andaina Coñece a Ciosta da Morte por Cee, e paralelamente haberá unha limpeza medioambiental do Coído de Touriñán da man da xente de Mar de Fábula.

Para o domingo, tamén haberá ocasión de calzar as botas de camiñas, co Roteiro Ornitolóxico por Baldaio.

Sábado completo

Para os que prefiran unha sesión vermú máis tranquila, poderán achegarse á Capela do Pilar de Corcubión á presentación dun libro sobre o Casón, unha historia tan nosa.

Pola tarde, arrincarán as actividades con Teatro Infantil en Muros.

Xa pola noite teremos varios concertos, como o fantásticos de Mr. Cool en Cee, ou o Concerto Cavernícola en Muros.

Xa o domingo será o teatro o gran protagonista. Teremos Teatro Infantil en Carballo, e como non, o monólogo de Celso Fernández Sanmartín no Marzo Lareteiro de Vimianzo, un dos grandes da escena galega contando historias.

Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios