![]()
Chega unha nova fin de semana outubro, e as citas que temos na #AxendaCostadaMorte (podedes velas debulladas sempre en
quepasanacosta.gal/axenda) chegan en clave de interior. Moitas citas teatrais, co evidente foco de atención do FIOT; un programa de máxima calidade, pero ademais cos citas en Muros, Santa Comba, Cee…
A fin de semana virá cargada de Memoria, cun seminario en Carnota sobre os fuxidos, e unha cita reivindicativa nos Penedos de Traba e Pasarela.
Ademais, en clave natural, ao longo do noso litoral, realizaranse unha serie de
limpezas das nosas praias da man de grupos de voluntarios, aos que podemos unirnos e traballar na extracción de plásticos e na concienciación medioambiental.
E como non, a fin de semana ten o foco posto no
Día Mundial do Cancro de Mama, que se conmemora este sábado en lugares como Cee e Camariñas, cunha emotiva Danza rosa.
Parte meteorolóxico
Fin de semana moi tranquila en terra a que teremos na Costa da Morte segundo Meteogalicia, con tempo seco e soleado, con algunha nube de estacamento na zona de Malpica, pero cos ceos despexados no resto da bisbarra. Teremos ademais boas temperaturas, con mínimas que non baixarán de 14-15º e máximas que alcanzarán os 22-23º.
O único punto máis negativo, é que o sábado virá con vento forte do nordés, que irá amainando e será menor ao longo do domingo. En todo caso, no mar non se acadará situación metereolóxica adversa.
Esta finde no FIOT
Durante o
venres 19 de outubro, o FIOT acolle unha doble cita de sala, coa Compagna Baccala e “Pss Pss” ñas 20:30h e o “Salvador” de Borja Fernández, no marco do programa OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado) a partir das 22:3’h.
Para o
sábado 20, Carballo terá unha cita ao vermú, co II Certame de Microteatro Medro Cadrado, habendo microrepresentacións ás 13:00, 13:30, 19:00 e 19:30 na Rúa do Pan e na Rúa da Estrela.
Xa, ás 20:30h, o centro de atención volve ao Pazo da Cultura con Serena Produccións e a estrea en Galicia de “Iphigenia en Vallecas”.
O
domingo, ás 20:30h no Pazo da Cultura farase
entrega do Xograr de Outono a Manuel Lourenzo. E de seguido, Contraproduccions trae o seu Teatro da Commedia.
Penedos, títeres e Memoria
Interesantes as citas que se dan en Carnota e Vimianzo-Laxe. Os concellos vimiancés e laxeiro artellan unha saída aos Penedos de Traba e Pasarela no marco do programa reivindicativo #moitomáisquepedras, que pretende poñer en valor esta Paisaxe Protexida e esquecida.
Polo sur da bibsrara, o
Seminario da Memoria en Carnota, onde se fará unha completa reflexión sobre os fuxidos nos tempos franquistas.
Tamén en clave de historia,
chegan as Misións Pedagóxicas a Malpica, cun domingo de títeres, exposición e magosto.
Risas, música, conversas e cine
A tarde noite do venres chega cargada de citas singulares. Como a que se dará no Espazo de Natureza de Oza, da man da Asoc. Senda Nova, a partr das 19:00h, unha
Conversa no LuscoFusco con Evaristo Domínguez Rial, facendo unha mirada superficial ao noso patrimonio.
O Ciclo RiXallas trae
este venres 19 a Santa Comba a Luís Zahera, un dos grandes da escena galega.
Tamén o venres, en
Corcubión proxectarase o documental Noetiña, de onde son moitas das bravas mulleres protagonistas.
Xa o sábado volveremos ter risas e historias da man de
Quico Cadaval no marco do Mes da Fundación.
En
Muxía tamén teremos unha representación teatral durante a noite do sábado con Martabelas. Mentres que en Muros será o
Contraproduccións o que traia o seu Teatro da Commedia, o día antes de ir ao FIOT.
E en clave musiqueira,
Vimianzo acolle a IV Muiñada durante toda a tarde do sábado, cheo de troula e saber popular.