Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Cando naceu o nome da "Costa da Morte"?

Cando naceu o nome da "Costa da Morte"?
Precisamente o debate saía hai unhas semanas co investigador muxián Manuel Vilar. Segundo Vilar non foi ata o século XX cando se comeza a falar de "Costa da Morte". E a súa nomenclatura surxe en todo caso dende fóra, nunca dende dentro do país. Vilar apunta a esta novela de José Mas, coma unha das primeiras fontes que plasma o nome "Costa de la Muerte" aló por 1925. Hoxe é outro incansable investigador da historia da Costa da Morte e dos seus naufraxios os que nos trae unha data. Xa o vimosnunha documental de Cuarto Milenio, i é que o o último corsario da Costa da Morte non decae. Rafale Lema, Presidente do Centro de Estudios Blas Espín, asegura que o nome da Costa da Morte aparece, pro primeira vez, documentada en inglé un 10 de xaneiro de 1908. Concretamente foi unha "curiosa inglesa impertinente", como así a define Lema, a que nos puxo nome a comarca, e se chamaba Annette Meakin.

A cita máis antiga de "Costa da Morte"

A cita máis antiga onde aparece escrito o nome de Costa da Morte é do 10 de xaneiro de 1908, cando a escritora inglesa Annette Meakin deixa constancia no seu diario ao arribar á Coruña que se atopa nos que os mariñeiros denominan "Coast of Death". É a referencia máis antiga, anterior mesmo ás primeiras en castelán e en galego, das que dispón a Real Academia Galega. A viaxeira inglesa Annette M. B. Meakin levou a cabo a principios do século pasado un longo periplo por Galicia, cunha axenda social relevante. Esta intensa tempada e as súas experiencias como curiosa impertinente aparecerán reflectidas nunha obra, "Galicia, the Switzerland of Spain". Nela, a autora, cita varias veces a expresión "Coast of Death", referíndose ás rías galegas entre o Miño e Fisterra e tamén na descrición da perigosa entrada do porto coruñés. Fai referencia a dous barcos ingleses naufragados en 1907 e a unha galerna na súa viaxe por mar ás nosas costas que afunde un pesqueiro no Cantábrico. Na páxina 153 explícanos a súa chegada en barco á Coruña desde Southampton, porto que deixa na medianoite do 10 de xaneiro nun barco da Hamburg-American liner de 11.000 toneladas, o König Fredich August. Desembarca na Coruña ás 3 p.m. do día 12 de xaneiro de 1908. Hospédase no Hotel Francia. Ata catro citas fai do cabo Finisterre e visita a ría de Muros e Noia, sacando belas fotos de tipos, monumentos e paisaxes.

O Libro

O libro publícase en 1909, pero foi máis dun ano antes cando realizou a viaxe. A primeira referencia en castelán do topónimo "Costa da Morte" é posterior a este 10 de xaneiro de 1908. Pero tampouco importa que por uns meses unha ou outra teñan preferencia. Si que non existan precedentes afastados. Está claro que se chega unha semana logo de 1907, nese ano, antes da súa partida, coñecía ben o polémico topónimo. Espera a que pase o Nadal dese ano para iniciar a súa longa marcha por toda España, en barco, tren, coche de cabalos. Coñece a nosa historia e arte e achega unha amplísima bibliografía. Era amiga da raíña de España, a inglesa Vitoria Eugenia, a quen dedica o libro, e de ministros, artistas e nobres españois. No capitulo II nas páxinas 17 e 18 por exemplo descríbenos a nosa costa. Fala de Finisterre como un dos extremos do Imperio Romano, coñecido como "The End of the Earth" ou "Celtic promontory". De naufraxios en 1907, ano de 12 sinistros, entre eles o inglés Denewill en Fisterra, o 6 de xullo. O seu erudición e coñecemento da nosa historia é asombrosa. En todo caso o texto de Meakin acláranos varias cousas. A escritora cita a expresión en varias ocasións, e con naturalidade, como familiar. O nome era xa coñecido en Inglaterra a principios dese século, polos seus homes de mar, e referido aos naufraxios. Di Meakin nun sorprendente parágrafo, no citado capítulo, cheo de evidencias:
  • "A linea de costa formada por estas rías e as pequenas ensenadas cara ao norte delas son tan perigosas para os barcos que os mariñeiros chámanlles "a Costa da morte". Moitos buques ingleses perdéronse nesa costa, de feito, dous barcos das nosas beiras atoparon alí a súa perdición en 1907. Unha reforma que Inglaterra demanda desde fai tempo parece que ao fin se vai a levar a cabo. O señor Besada, ministro de Obras Públicas e un dos homes máis eminentes do partido conservador está dando instrucións para a instalación de aboias luminosas e sinais de fume nos puntos máis perigosos. Unha comisión de enxeñeiros foi designada para estudar a cuestión. É aquí onde as ondas furiosas, crecendo como fermento, rompen sobre rocas medio escondidas e, alcanzando unha fabulosa altura, caen sobre elas co ruído do trono ata co tempo máis tranquilo. É aquí onde os cadáveres de desafortunados pescadores son tan frecuentemente arrastrados á beira que os xornais locais anuncian o suceso case sen ningún comentario"

Cando coñeceu Rafael Lema a Meakin?

A primeira vez que escoitei o nome de Meakin foi na transición, creo que en 1978, un domingo de feira en Ponte do Porto, nunha visita á miña casa á entrañable Totora, boa amiga do meu pai. Posteriormente nun acto en Sargadelos fai vinte anos recordeille aquela escena a María Vitoria Fernández España e deume unha referencia, un belo e profético artigo do seu ex marido Augusto Assía, "Galicia ante a encrucillada europea", publicado na Vangarda Española o 24-8-1960, día de san Bartolo de Arou. Meakin era unha "curiosa e divertida solterona inglesa", segundo Assía, que a leu e estimaba. A comparación con Suíza non é tampouco orixinal. Témolo na prensa galega en Cuba viente anos atrás. Por estes anos Isidoro Bugallal Araujo (Ponteareas, 1854-Madrid, 1914), publica en 1/articulo/cultura/unha-ollada-dende-dentro-a-homenaxe-polo-120-aniversario-do-serpent/20101127220144066449.html unha guía turística que titula: Suíza española. Paseando por Galicia, anterior á de Annette M. B. Meakin: Galicia. The Switzerland of Spain (Londres, 1909). London Methuen and co. Unha coidada edición de 400 páxinas, con 105 ilustracións e mapas, que servirá de referencia para outros magníficos libros de visitantes posteriores, tamén mulleres, como os de Catherine G. Hartley, Bell, Godard, Anderson. O The road of Spain de Charles L. Freeston.

Conclusión: 100 anos de historia

O nome de COSTA DA MORTE é moderno, ten apenas 100 anos, aínda que o mito da comarca é milenario. Nace a raíz do naufraxio do acoirazado inglés HMS Serpent nas costas de Camariñas, accidente que fixo internacional a comarca en 1890, levantando un rebumbio de acusacións ás autoridades nacionais pola falta de sinais marítimos e tamén unha investigación polas causas de tantos naufraxios na zona. Críticas e investigacións que viñan xa de vinte anos antes, por unha serie encadea de sucesos nas mesmas costas de Camariñas. En fin, é a finais do século XIX e principios do XX cando a prensa inglesa, madrileña e coruñesa crean ou amplifican o nome Costa da Morte e a lenda negra. Antes non aparece ningunha referencia. A Costa da Morte é o nome que os ingleses dan ao momento exacto do naufraxio do Serpent en Punta do Boi, en Santa Mariña- Camariñas, e hai cita dun mapa inglés de 1907 onde figura así por vez primeira, como "Coast of Death", coa súa negra cruz inscrita. A cita de Meakin confirma que nesta data era coñecido nas illas. Entre 1910 e 1914 aparecen varias veces na prensa nacional "Costa de la Muerte" e "Costa da Morte", referidas sempre á contorna concreta e preciso de cabo Vilán-Camariñas, non a unha zona ampla ou comarca en concreto. Por exemplo nun belo poema de Faustino Lastres, vate de Camariñas, aparece o termo galego en 1910 e en revístaa Mundo Novo de Madrid nunha reportaxe sobre o encaixe de Camariñas e Ponte do Porto temos o termo en castelán en 1914. En ambos os casos chaman así ao cabo Vilán. Son as dúas primeiras referencias comarcais, e dáse a casualidade que tamén galegas. Hai unha cita de 1908 en castelán, posterior a Meukin. En galego escribe Lastres: ...e alá na Costa d´a Morte Érguese sobre vos peñascos O Villano sempre forte.

Novas relacionadas

Máis novas

A Cara máis íntima do naufraxio

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Nota de prensa de Rafael Lema Mouzo, Presidente do Colectivo Blas Espín.

Comentarios