Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo acolle unha campaña de reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos

Carballo acolle unha campaña de reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos
O que se enchufa reciclase posto en Ourense Imaxe do posto da campaña O que se enchufa recíclase que se instalou en Ourense

Dende este martes 9 ata o venres 19, un posto da campaña “O que se enchufa, recíclase” estará aberto ao público na esquina das rúas Colón e Desiderio Varela (no caso de traslado por culpa do mal tempo informaremos puntualmente). Trátase dun posto informativo no que, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, que ofrecerá material divulgativo dirixido tanto á poboación en xeral como aos empresarios do sector, para co obxectivo de informar sobre a importancia de reciclar os residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos (RAEE).

En Carballo xa están rexistrados seis establecementos colaboradores (Comercial Queijo Blanco, Idea Carballo, Electrosat Beyga, María Mercedes Vázquez Vilar, Tecnosos e Electrodomésticos Lorama) nos que se poden depositar os RAEE ao acabarense a vida útil. Ademais o Punto Limpo, situado no polígono industrial de Bértoa, está á disposición dos veciños os xoves e os sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

A campaña “O que se enchufa, recíclase” está a percorrer Galicia para concienciar á poboación sobre a importancia de depositar os RAEE nos puntos habilitados, pero tamén para que os puntos de venda sexan conscientes da importancia de colaborar na súa recollida. Para facelo dun xeito ameno, as persoas que visiten o stand poderán participar nun xogo no que obterán un premio só por participar.

Fonte

  • Carballo.

Comentarios