venres. 16.05.2025
El tiempo

Festas, charlas, exposicións, música e teatro para a Axenda da soleada fin de semana

Festas, charlas, exposicións, música e teatro para a Axenda da soleada fin de semana
Axenda Costa da Morte 23-01-15

Achégase unha nova fin de semana e traemos o resumo da Axenda Costa da Morte. Unha finde con charlas, exposicións, música e teatro. Pero antes de repasalas escoitamos aos amigos 4gotas.com, que nos traen boas novas no exclusivo parte meteorolóxico costeiro de cara a estes días:
O tempo invernal destes días pasados queda atrás a partir do venres. Iso si, o cambio na Costa chegará paseniñamente…
O vento será frouxo durante toda a finde agás o domingo que soprará do norte e será moderado nos arredores de Corcubión.
O venres amencerá con moitas nubes e a media tarde chegarán orballos que se manterán durante a madrugada do sábado. O sábado pola mañá manteranse nos arredores de Malpica, pero non xa non choverá no resto. Na tarde, entre Fisterra e Muros abriranse claros.
O domingo predominará o sol. A madrugada será fría, pero polo día rozaranse os 15 graos, que sin ser moita calor, respecto o que tivemos en días pasados serán moi ben recibidos…

Volven as festas

Volven as festas e tocan Festas de San Vicente de Vimianzo, que xa comezaban onte e que seguirán sábado, con gran verbena, e domingo cunha fantástica sesión vermú.

De charla e exposicións

Con nada menos que un fantástico congreso internacional arrinca a fin de semana. Carballo acolle o TedxGalicia, na que 10 persoeiros do país exporán as súas pioneiras iniciativas. O malo, é que xa non hai prazas…

En clave de charla tamén chega a XVI Conferencia Anual Plácido Castro, que se desenvolverá en Muxía e onde o humanismo será o eixe central da poencia de África López Souto.

Tamén o venres poderemos achegarnos ata a Casa da Cultura de Vimianzo, onde a deseñadora de Berdoias, Noelia Pose Antelo fainos sentir Orgullosos do noso ca súa exposición.

E para cerrar a noite movendo o esqueleto, poderemos achegarnos á Sala Dublín, que estrea o Ciclo Sinerxias con 3 concertazos

Sábado de teatro e música

Para o sábado, o teatro é protagonista. Teremos a visita do mítico Grupo Chévere co espectáculo “As fillas bravas” en Muros.

E para pechar a noite, nada mellor que un pouco de música local, como a protagonizarán os ceenses AnaKrusa co seu concerto en Cee.

E no marco dos Venres Culturais, pero en domingo, toca nova cita cos títeres de Tanxarina Teatro en Carballo.

Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios