Sábado. 12.10.2024
El tiempo

CMAT: En marcha o ente que unirá o turismo na Costa da Morte

CMAT: En marcha o ente que unirá o turismo na Costa da Morte
O CMAT Costa da Morte Asociación Turística será presentada o vindeiro 27 de xaneiro

Por fin. A Costa da Morte vai ter un ente aglutinador que faga de interlocutor único coas administracións provincial e galega para a xestión e administración do turismo na zona. Ese Consorcio polo que tanto se leva pelexado na bisbarra vai ser unha realidade en forma de CMAT (Costa da Morte Asociación Turística), e será presentada en público o vindeiro venres 27 de decembro ás 12:00h nas Torres do Allo.

En principio, este Ente de Xestión Turística do Xeodestino Costa da Morte, será unha entidade público-privada que estará formado polos concellos que forman o xeodestino costeiro e pola Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte APTCM.
Teremos por fin unha voz única que represente a nosa bisbarra no sector turístico galego.

No acto de presentación estarán presentes os técnicos da Deputación da Coruña que nos veñen dando apoio no asesoramento legal e administrativo do proceso. Tamén colabora a Xunta de Galicia, e precisamente das esixencias da Xunta e da Deputación de ter un interlocutor único no turismo da Costa da Morte nace este CMAT. Un CMAT, que como dicimos é realmente o que ía ser o Consorcio, pero que por asuntos xurídicos e ca nova lei coa nova lei de réxime local, a forma de Consorcio daríalles problemas a algúns concellos para participar nos mesmos.

Satisfacción no sector

Moi satisfeito amósase o presidente da APTCM, Manuel Pan, que recoñece que "este sempre foi o obxectivo principal que a nosa entidade se marcou na súa fundación no ano 2003 e que retomou no ano 2009 despois do remate do Plan de Dinamización Turística. Por diversas circunstancias é agora cando estamos en condicións de retomar, esperamos que de forma definitiva, a posta en marcha deste mais que necesario Ente de Xestión. Un Ente que nace porque así nolo piden as administracións, para ter unha soa voz en todo o sector".

Ámbito de xeodestino

Unha das características do CMAT é que as entidades que se queiran adherir (os establecimentos só poderán adherirse a través de asociacións) terán que adaptarse e cubrir as necesidades da superficie do Xeodestino.
Son 17 concellos os que abrangue o Xeodestino Costa da Morte: e Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Deste xeito, a Neria tería que ampliar fronteiras e cubrir todos estes concellos, e o mesmo ocorrería cunha hipotética Asociación ou Federación de asociacións do Turismo Rural da Costa da Morte, que tería que aglutinar a eses 17 concellos.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa de APTCM.

Comentarios