Cosal Costa da Morte anima a participar en campañas por Palestina
Esta semana arrincaba unha campaña do BNG Costa da Morte de recollida de alimentos para Palestina. En sintonía ca mesma, o Colectivo COSAL Costa da Morte, que coñece a problemática en primeira persoa como nos contaron dende Equipaxe de man, que animar á veciñanza a participar nas campañas de solidariedade nestes tempos tan tremendos para o pobo palestino.
Consideran da maior importancia a colaboración con BDS-Galiza, pois semella que só o boicote, o desinvestimento e as sancións contra Israel signiican, a día de hoxe, un castigo que a comunidade internacional non parece disposta a impór. Na páxina http://www.bds-galiza.org/>www.bds-galiza.org están á vosa disposición as últimas novas sobre a situación palestina, así coma o enlace coas campañas de boicote académico, cultural, deportivo... nas que cada sinatura conta.
Informan tamén sobre as campañas de recollidas de medicamentos para Gaza que levan a cabo diversas organizacións:
- Asociación Médica Hispano Palestina: mais continúan recollendo materiais, agora tamén en Galiza.
- BNG na Costa da Morte: até o 10 deste mes, diversos puntos de recollida. É, probabelmente, a alternativa máis cercana para a maioría, pois hai varios concellos con punto de recollida.
- A unrwa é a axencia da ONU que ven décadas atendendo a poboación reuxiada palestina, e das poucas organizacións que logran traballar en Gaza e a autorización para recibir materiais do exterior. Chamamento ante a emerxencia actual.
Novas relacionadas
- Unha campaña de recollida de Medicamentos para Palestina.
- Equipaxe de man: Viaxe á Terra Santa.
- 11-07-14: Apoiando ó pobo palestino.
- 16-05-13: Ata Cee celebrou o Día da Nakba por Palestina.
- As Bondades da Fala con Mohamed Safa: “Algún día poderei dicir que son palestino e libre ao mesmo tempo”.
- Mohamed Safa: “O pobo árabe ten fame, pero de dignidade”.
- A Costa da Morte tamén garda un minuto de silencio por Gaza.
- Vivindo a ocupación en primeira persoa.
- Leo Bassi e Pallasos en Rebeldía rompen o muro da desinformación en Corcubión.
- 2010: Conferencia de Ghaleb Jaber e Mohamed Safa: “Os palestinos non falamos dun problema ideolóxico, senón de ocupación”.
- 2009: Entrevista con Mohamed Safa: Mohamed Safa: “O conflito precisa un cambio radical na posición internacional”.
Fonte
- Cosal Costa da Morte.