En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
Xa están aquí. O éxito do ano pasado aseguraba unha nova edición. E xa arrincou o IV Carballo Interplay, eses “Goya” que convirten Carballo no centro do mundo do audiovisual virtual. A nova edición deste Festival de Contidos Dixitais celebrarase os días 4, 5 e 6 de maio e repartirá máis de 5.000 euros en premios.
Polo de pronto toca recibir propostas, pois o prazo de presentación está aberto ata o 31 de marzo a través da web www.carballointerplay.com. Apenas vai unha semana e xa van 120 webseries presentadas, superando a expectación de anos anteriores, e dando conta da incidencia, xa internacional, deste certame.
As webseries participantes, que deben ser producidas entre os anos 2015 e 2017 e ter un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento de inscrición, poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais. Entre as webseries recibidas, un xurado composto por profesionais do mundo das webseries, do audiovisual e da cultura, así como de representantes de asociacións profesionais relacionadas co sector premiará a mellor webebserie de imaxe real, a mellor webserie de animación, a mellor webserie internacional e a mellor webserie en versión orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categoría. A escolla do público, pola súa banda, levará 400 euros e trofeo. Tamén haberá un premio AGAG ao mellor guión e un premio CREA á mellor dirección, dotados con 200 euros e trofeo. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo á mellor actriz e ao mellor actor.
A mellor webserie en galego
Ademáis, despois do éxito acadado o pasado ano, o Carballo Interplay ofrecerá de novo un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto de webserie en galego. O galardón resolverase cun pitching en directo durante o festival e a dotación económica deberá destinarse á produción dos primeiros capítulos da webserie premiada, que se proxectarán na próxima edición do Interplay.
Máis información e inscricións
- Bases para o concurso de webseries
- Bases para proxectos de webserie en galego
- Formulario de inscrición.
Novas relacionadas
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2016: Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- 2016: Carballo prepárase para o terceiro festival Interplay
- 2016: David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
- 2016: Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- Interplay 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- Interplay 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- A canteira audiovisual recupera a historia bergantiñá.
- FormaCIP: Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- FormaCIP: formación audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- 2014: O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Carballo Interplay