![Camino sen limites 2018]()
Unha nova edición da versión inclusiva do Camiño dos Faros xa está en marcha. Xa está aberto o prazo de inscrición para a primeira etapa (roteiro ConCiencia, sábado 17 de marzo, Caión - Baldaio) do Camiño SenLímites 2018. A iniciativa da Federación de Anpas da Costa da Morte-Coruña dá ata o 14 de marzo para inscribirse nesta serie de roteiros polo famoso Camiño dos Faros, dun xeito inclusivo e sen barreiras.
A primeira etapa será Caión - Baldaio (Roteiro ConCiencia) de 8.5 kms. e contarán con alumnado de 1° da ESO co programa "Ciencia Sen Límites", un imprescindible voluntariado.
Inscricións
Fonte