Luns. 19.10.2020
El tiempo

Faleceu Asunción Antelo. Bergantiños perde á súa Rexoubeira

Faleceu Asunción Antelo. Bergantiños perde á súa Rexoubeira
Faleceu Asunción Antelo, a Rexoubeira de Bergantiños Faleceu Asunción Antelo, a Rexoubeira de Bergantiños

Día triste en Bergantiños. Marchou a voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal. Asunción Antelo faleceu esta penúltima noite de 2016 aos 97 anos, tras uns duros 15 días de hospital en hospital.

A Rexoubeira de Bergantiños deixa un legado infinito, material e inmaterial. Dende as súas poesías ata as súas esculturas forman un museo valiosisimo que leva sendo visitado nos últimos anos por milleiros de persoas. Queda agora a dúbida de como se vai manter vivo ese legado.

Despois de anos de compromiso da veciña Isabel Rey Porteiro, que facía de “guía” ademais de coidadora, tocaralle a familia directa dar o paso e manter ese tesouro patrimonial bergantiñá aberto ao público. Dende o Concello consideran o museo un asunto privado.

”Está sendo un mazazo para todos”, recoñece a propia concelleira de cultural coristanquesa Laura Mariño, que asegura que o Concello continuará co certame literiario co público infantil e avanza que durante este ano haberá máis cousas arredor da artiista.

A partir de esta tarde velarase no tanatorio de Santa Marta.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios