Grand Soul Band, o grupo de Santa Comba que vai camiño do Azkena Rock


Hoxe é o último día de votación e necesitan un último empurrón para gañar o concurso. Falamos da banda de Santa Comba Grand Soul Band, que está arrasando nun concurso a nivel nacional para tocar ao festival Azkena Rock de Vitoria, a meca dos festivais.
Hoxe é o último día para votar, así que xa o estades a facer aquí.
Falamos dunha banda xalleira formada por Miguel Rial Vieites (batería), Javier Campos (voz e guitarra rítmica), Alejandro Torreira (guitarra) e Raúl Cascales (baixo).
Arrincaban a comezos do 2006, cando o guitarrista Alejandro Torreira Ulla e o batería Miguel Rial Vieites comezan a xuntarse casualmente para tocar versións e algún tema propio instrumental. Ata que 2 anos máis tarde únese ao equipo, un amigo da infancia de Alejandro, Javier Campos. Guitarrista e con boa predisposición para cantar, pasaron de tocar temas únicamente instrumentais a tocar algunha versión de grupos como Allman Brothers, Screaming trees, Metallica... E finalmente polo 2010 aparece ante a necesidade dun baixista para cerrar o grupo, Raúl Cascales, o cal tamén era un bo amigo da infancia de Alejandro e Javier.
A partir dese momento comezan a preparar un repertorio de versións de cancións de Tom Petty, Pearl Jam, Chris Isaak, Live... E a partir do ano 2012 comezan a tocar en locais de música en directo.
Despois comezan a compoñer temas propios co cal foron variando o repertorio, variándoo entre temas propios e versións e finalmente decídense por entrar nun estudio de grabación e plasmar estes temas propios nun disco, o cal estará rematado en breve.
Estaremos atentos, pero polo de pronto xa podedes ver o ben que soan!!
Votación
Novas relacionadas
- A banda costeira The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
- Serj cántalle á súa Costa da Morte.
- O Colectivo Baidlafé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
- Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014.
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
- Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
- Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).