Venres. 29.03.2024
El tiempo

Máis de 100 mecenas polo galego nos medios de comunicación

Máis de 100 mecenas polo galego nos medios de comunicación

Non para. Segue en marcha a campaña "Vitaminas para o galego" e segue cumprindo cos seus obxectivos. A iniciativa pretende sensibilizar á poboación acerca da importancia dos “mass media” no idioma propio de Galicia, se queremos garantir a súa transmisión interxeneracional. Asimesmo quere recaudar apoios económicos para estes medios, labor que continua ata finais deste mes de xaneiro.

A dia de hoxe logrou xa 120 micromecenas que aportaron 4490 euros, pero quedan aínda 17 dias para continuar coa iniciativa a través da páxina de verkami para seguir apoiando a causa con pequenas aportacións económicas a cambio das recompensas prantexadas na campaña: calendarios, chapas e paraugas de "Vitaminas para o galego".

17 cabeceiras

Os organizadores son a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión, Tempos Novos, Que Pasa na Costa, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza, Val Miñor.Info e Praza Pública.
Tamén colaboran na campaña Terracha Xa, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras e Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia.
Ademais, nas últimas datas uníronse ao proxecto novos medios Radio Nordés (Cadena Ser), Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf www.surfgz.com, así como Cadernos de Comunicación e Analise, "Hermes e Atenea" (xornal en galego de deporte e cultura) e Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia.

Os mecenas

Aquí traemos os primeiros 60 mecenas que aportaron xa vitaminas para o galego, dos que por certo, apenas podemos ollar media ducia da Costa da Morte...:

  • Aldegunde Alvarez, Ovidio (Mugardos).
  • Arias Rei, María Xesús (Fene).
  • Barbeira, Chus (Vimianzo).
  • Barrufet, Pere (Barcelona).
  • Blanco Para, Adrian (Santiago de Compostela).
  • Brocos Fernández, Maria Pilar (Santiago de Compostela).
  • Calvo Pita, Jesus (As Pontes).
  • Carballido Presas, Xose (Ourense).
  • Cea, Socorro (Melide).
  • Colectivo cultural Buril (Burela).
  • Costas, Henrique (Vigo).
  • Cuba, Judit (Santiago de Compostela).
  • Estevez López, José (Lugo).
  • Farinós López, Xosé Ramón (Muros).
  • Garaloces, Javier (Vigo).
  • García Vázquez, Loreto (Santiago de Compostela).
  • González Torre, Xabier (Vigo).
  • González-Manso, Xosé Maria (A Coruña).
  • Libraría Aira das Letras (Allariz).
  • Lopez Perez, Lucia Flora (A Guarda).
  • Lorenzo Penela, Francisco Xavier (Ames).
  • Louzao Outeiro, Miguel (Santiago de Compostela).
  • Mariño, Xurxo (A Coruña).
  • Meira Cabanelas, Tomé (Barcelona).
  • Melendez Alonso, Marcos (Ramirás).
  • Moroño, Elvira (Ourense).
  • Mosquera Carregal, Xesus M. (Melide).
  • Orge, Silvia (Soutomaior).
  • Patas de peixe, editora (Vigo).
  • Pérez Castreje, Manuel J. (Quenxe. Corcubión).
  • Pérez Lijó, Joao Manuel (Santiago de Compostela).
  • Piñeiro Diaz, Ildefonso (Chantada).
  • Portela Barreiro, Margarita (Teo).
  • Prado Ocampo, Antela (5 anos) (Ourense).
  • Raña Lama, Paz (Vigo).
  • Reimondez, Maria (Vigo).
  • Rial Pérez, Xosé (Combarro. Poio).
  • Rivas Alvarez, Manuel (Sarria).
  • Rodriguez Otero, Begoña (Vigo).
  • Rodriguez Rodriguez, Anair (Gondomar).
  • Rubio, Suso (Valadouro).
  • Salgueiro Salgueiro, Rosa (Santiago de Compostela).
  • Senra Gómez, Oscar (Santiago de Compostela).
  • Sistemas de Enxeñeria Ambiental (Moaña).
  • Sonitiña (Cee).
  • Tabernero, Antón (Calo-Teo).
  • Torre Martins, Xesus Manuel da Vigo).
  • Trillo Gonzalez, Ledicia (Fene).
  • Valcarcel Rodriguez, Manuel María (Barcelona).
  • Vila López, Mario (Dozón).
  • Vilela Lopez, Bruno (Santiago de Compostela).

O resto de mecenas faranse públicos o vindeiro día 30 de xaneiro, cando remate a campaña de microcrowdfunding a través da plataforma catalana Verkami, recentemente traducida ao galego polo equipo de QPC.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios