Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Máis vida circense para os muros carballeses

Máis vida circense para os muros carballeses
O Mural de Miguel Anxo Calvo en Carballo evoluciona correctamente O Mural de Miguel Anxo Calvo en Carballo evoluciona correctamente Xa son 30 os artistas que deixaron a súa pegada artística nas paredes de Carballo. Unha iniciativa municipal xa estendida polo país que convertíu unha vila exemplo do feísmo galego nun gran museo ao aire libre Un proxecto moi vivo, e despois da fantástica experiencia do RexeneraFest, as feas paredes seguen sendo "atacadas" por artistas. Cada vez quedan menos, pero lenzos hai abondos para que o Derrubando Muros con Pintura dure uns anos máis. O que está estes días tomando o relevo é un persoeiro bergantiñán de referencia. Miguel Anxo Calvo, O'Mighelo, está dándolle vida circense a unha casa na Vila de Negreira, no cruce coa Lagoa. O artista xa está rematando de poñer o fondo e promete ser fiel ao papel e respectar, todo o que poida, o bosquexo inicial. Bosquexo do mural de Miguel Anxo Calvo en Carballo Bosquexo do mural de Miguel Anxo Calvo en Carballo

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios