Luns. 09.09.2024
El tiempo

Marea de festas e concertos para a fin de semana na #AxendaCostadaMorte

Marea de festas e concertos para a fin de semana na #AxendaCostadaMorte
Axenda Costa da Morte 13-06-15 2015

En pleno xuño e a #AxendaCostadaMorte chega Cargadiña de todo. Festas, co gallo do San Antonio, e concertos “a cholón” como protagonistas. Estamos estes días con problemas técnicos na Axenda Costa da Morte, pero iso non significa que non teñamos colleitado un mundo de citas. Ai van:

De festa en festa

Menuda marea de festas… Comezamos polas grandes Festas de San Antonio de Xallas, Cee os sábado 13 e domingo 14 de xuño. A Olympus será a protagonista da noite sabatina e a Charanga Mekánika amenizará a sesión vermú dominical.

Temos tamén venres 12 e sábado 13 as Festas de Baíñas, en Vimianzo. O venres con sesión vermú e verbena coa Versalles e Triunfo, e o sábado con Alkar e disco móbil.

O sábado poderemos achegarnos ata Malpica para celebrar o San Antonio, coa orquestra Essencia como protagonista.

E tamén, sábado e domingo, Festas de San Antonio en Agualada, Coristanco.

En clave cultural

Teremos varias citas musicais e teatreiras. O vimiancés Serj terá doble sesión, cun concerto na Lareira, na propia vila soneirán, o venres a partir das 23:45, e para o sábado estará no CunKCafé da Ponte do Porto, un magnífico lugar xusto ó lado da ría.

O venres teremos cita con Leo KcH no Disco Pub Nerio de Cee, que está retomando o mando da noite ceense, a partir das 0:30.

O sábado 13, ao Auditorio do Centro Cívico de Malpica acolle a proxección do documental Os Milicianos, realizado por Víctor Rodríguez e Manuel Pose, a partir das 20:00h con entrada de balde.

Orixinalísima é sempre a proposta da “Sociedade de Amigos de Mollar a Pallera da Costa da Morte”. Unha foliada singular a que arman sempre na hora da Casa Lestón de Sardiñeiro, desta volta o sábado 13 a partir das 21:00h.

Tamén o sábado, algo máis tarde, o Bar Trébol de Baio acollerá o concerto de Lonis&Víctor García.

O domingo, para unha orixinal sesión vermú, poderemos achegarnos ao Praia de Quenxe, en Corcubión, para disfrutar dun menú con sobremesa cos Alan Acoustic Project.

E para pechar, o Domingo en VImianzo, será a partir das 20:00h coa Escola Os Sapapuisos de Teatro de Pasarela.


Fonte

Comentarios