Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Menuda Axenda de natureza e festas para arrincar xuño na Costa da Morte

Menuda Axenda de natureza e festas para arrincar xuño na Costa da Morte
Axenda Costa da Morte Primeira fin de xuno 2015

Como chega esta primeira fin de semana de xuño. Cargadiña de todo, e Festas ante todo, como non podía ser doutro xeito. Estamos estes días con problemas técnicos na Axenda Costa da Morte, pero iso non significa que non teñamos colleitado un mundo de citas. Pero antes de repasalas, traemos o exclusivo parte costeiros que nos mandan os amigos de 4gotas.com:
O venres as temperaturas aínda serán suaves, aorredor dos 18-20ºC de máxima, con moitas nubes en Bergantiños e bastante sol no resto.
O sábado teremos una lixeira suba nos termómetros no sur da Costa (metidos na Ría de Muros será un día de praia), con moitas nubes na mañá en Berganitiños e máis claros na tarde. Ollo ao nordés que soprará forte.
O domingo subidón de temperaturas e gran día de praia en toda a Costa. Na parte norte, haberá que protexerse do vento do nordés que terá refachos fortes.

Limpeza de praias

Esta fin de semana celebramos o Día Internacional dos Océanos, e para vivilo como debe ser, haberá unha Limpeza Simultánea en 8 praias da Costa da Morte. Tomen nota e anímense a achegarse a coidar o noso entorno, ademais de disfrutalo, a conciencia agradéceo.

E en clave natural, o día 13 de xuño ponse fin ao programa “Coñece a Costa da Morte 2015”. Será coa Andaina polas terras de Dumbría, aprazada no seu día polo mal tempo. Unha andaina que ronda os 15 km e que nos levará dende Olveira ata Berdeogas, pasando polo Chan das Lagoas, dende onde poderemos contemplar unhas fermosísimas vistas da nosa comarca.

E seguindo nesta liña, emotivo será acto de inauguración do Museo Man de Camelle que terá lugar o vindeiro 5 de xuño as 19:00 h. na Casa do Alemán.

Unha cita emotiva

O III Milladoiro por Corcoesto terá lugar o sábado a partir das 13:30h na Carballeira de Santa Mariña. Unha ocasión de recordar a loita social contra a mina e disfritar de pandeiretas, punk e proxeccións, ademais de participar no acto simbólico da re-creación do Milladoiro.

De Festa en Festa

Marea de Festas as que temos pola zona. E podemos comezar polo Corpus, polas Festas do Corpus de Muxía, que serán o sábado con Unión y Fuerza e verbena con Intervalo Show, e como non traca de fogos.

Tamén de Corpus andan en Brens, que chegan moi fortes, con 3 días de troula. O venres 5 de xuño toca a Ciclón na gran verbena. O sábado 6, sesión vermú e verbena con Metrópolis, as dúas noites con remate en clave de disco móbil. E domingo, sesión vermú bailonga co Trío Alba.

Ollo tamén cas Festas da Pereiriña, que este sábado 6 de xuño e domingo 7 chegan co lema Adiante con eso.. O sábado, Gran Xuntanza da Xuventude da Costa da Morte con Aramio e Takikardia, e o domingo, s.v. con Aramio.

Teremos tamén, venres, sábado e domingo Festas en Lamas, Zas. Con grandes orquestras ademais.

Temos tamén para a noite do sábado as Festas do Anxo da Garda de Coiro, Mazaricos, con dous orquestróns como Filadelfia e Ciclón.

E polo norte, sábado e domingo serán as Festas de Cereo, Coristanco, con Troule e Las Chicas del Swing para o sábado e a sesión vermú dominical. E precisamente o domingo son as Festas na Honra do Santísimo Sacramento de Rus, en Carballo, coa orquestra Paraíso.

Unha romaría das auténticas

Pero se preferimos unha romaría das de toda a vida, tócanos ir ata a Romaría dos Muíños de Caldebarcos.

E por Muros, temos que dar conta de que o venres a partir das 8 da tarde, a Brasería D. Bodegón II, no Paseo de Bombén fronte á praia do Castelo convidará a unha ampla selección de pinchos por mor da súa apertura.

Concertos

E son varias as sesións musicais. Na noite do sábado, ao chegarmos ás 0:00h, o Celme Café de Vimianzo prepara o concerto rokeiro de Los Claretes. Pero a gran cita da noite darase na Sala Dublín de Carballo, co Festival do Rexenera Fest.

Xa o domingo 7 de xuño o 45 Bar Baio pon en marcha a 3ª sesion vermú, a partir das 12.45 do mediodia coa actuación do músico Pablo Balseiro que presentará o seu espectáculo musical "Perversións "recordando musica ochen(80)tera!!.

Ademais, o domingo ás 18:30h, o espectáculo “Estamos no Verán” chega ao Multiusos de Santa Comba, un espectáculo protagonizado polo artista Xoán Curiel e pola súa banda Son+d2, configurado a partir da primeira novela-cd da literatura galega, que conta a historia dun grupo de amigos que queren formar un grupo de música. Xunto coa música, mesturase a danza, e os elementos teatrais ou de clown, sendo un espectáculo totalmente participativo dirixido a nen@s de 6 a 12 anos pero onde pode ter cabida o público familiar.

Algo de cultura nunca vén mal

E para pechar a fin de semana, xa no Xuño Vimianceiro, toca actuación da Escola Municipal de Teatro de Vimianzo, na Casa da Cultura a partir das 18:30h.

Alfgo máis tarde, ás 21:00h, o Auditorio do Centro Cultural de Muros acolle á Escola Municipal de Teatro de Cee coa súa obra “Pequeno retablo de verdades e mentiras”.



Fonte

Comentarios