O sol non puido coa tradición carnotá


Coma o ano pasado, o público volveu encher por segundo ano consecutivo as bancadas do Campo de Lombáns, en Carnota, para gozar da arte galega convertida en música, canto e baile.
O pasado sábado 25 foi o día máis caloroso no que levamos de ano, pero iso non impediu que o Segundo Festival de Música e Baile Tradicional, que organiza a ANPA do CEIP de Carnota, discorrese con toda normalidade e convertese esa tarde nunha tarde de gloria que colmou, moi satisfactoriamente, os esforzos dos organizadores e dos grupos participantes.
A ANPA quixo agradecer o esforzo que durante todo o ano fan os rapaces e as súas nais e pais para manterse traballando nesta arte e nunca deixar de superarse.
Unha superación que se viu plasmada neste Festival, non só polos grupos anfitrións, senón tamén polos invitados, porque foi un comentario xeral que o nivel artístico se vai superando cada ano. E grazas a iso pódese gozar en Lombáns dun espectáculo grandioso cheo de colorido e con un ritmo e unhas coreografías que deixan satisfeito ó público máis esixente, que despois de dúas horas de Festival seguía pedindo “outra, outra”.


Novas relacionadas
- I Festival: Rotunda exaltación da Cultura Tradicional no Festival de Lombáns .
- Os pais da Escola de Música de Carnota esixen a continuidade da “profe Ana”.
Fonte
- Información e fotos de César Cambeiro.