Modesto Fraga, Rocío Leira e Lola Canosa, expoñentes da homenaxe poética aos Faros da Costa da Morte
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2012/05/02/Rocio-Leira-Lola-Canosa-e-Modesto-Fraga-ganaron-o-Certame-poetivo-polos-Faros-da-SEMESCOM.jpg)
![Rocio Leira Lola Canosa e Modesto Fraga ganaron o Certame poetico polos Faros da SEMESCOM](/media/quepasanacosta/images/2012/05/02/Rocio-Leira-Lola-Canosa-e-Modesto-Fraga-ganaron-o-Certame-poetivo-polos-Faros-da-SEMESCOM.jpg)
Xa temos resultado do “Certame de Poesía sobre os Faros da Costa da Morte”, convocado polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM). I é que se ben houbo 3 categorías, cómpre destacar que os gañadores da categoría absoluta son grandes personalidades do eido cultural da Costa da Morte. Así é o poeta fisterrán Modesto Fraga, sempre tan vencellado ao mar, o que levou o primeiro premio por 13 poemas que forman un Manual de Navegación impresionante.
A ceense Rocío Leira, unha "abusona" de premios costeiros, acadou o segundo premio cun poema épico. Mentres que o terceiro premio quedou en Vimianzo, na casa de Lola Canosa, cun tríptico de sonetos dedicados aos 3 faros máis senlleiros da Costa da Merte.
Cómpre lembra que este certame nace para poñer en valor a riqueza paisaxística e turística que teñen estes sinais luminosos da nosa costa, e máis concretamente da Costa da Morte, é dicir aquela que abrangue dende as illas Sisargas ata o Monte Louro. A razón da escolla dun certame de poesía é a de continuar o labor de grandes escritores galegos que se viron inspirados nestes senlleiros edificios, como foi o caso de Gonzalo López Abente, Xervasio Paz Lestón ou Antón Zapata García.
Pois ben, o xurado, composto polo poeta fisterrán Alexandre Nerium, o poeta de Cee Miro Villar e o investigador literario de Vimianzo Xosé María Rei Lema, veñen de escoller aos 8 gañadores.
Categoría infantil
Na 1ª categoría (nenos e nenas de ata 12 anos) presentáronse un total de 11 poemas. O xurado salientou a participación dos colexios públicos de Baio e de Cee nesta categoría, e decidiu por unanimidade outorgar os tres primeiros premios desta maneira:
- 1º premio (vale por un importe de 75 euros) para NURIA VILARIÑO LEMA, do C.E.I.P. Labarta Pose de Baio, polo poema “Un rastro da túa luz”, presentado baixo o lema “Río Grande”.
- 2º premio (vale por un importe de 50 euros) para ELISA DEL PILAR PRADALES MARTÍNEZ, do C.E.I.P. Eugenio López de Cee, polo poema “Costa da Morte”.
- 3º premio (vale por un importe de 25 euros) para YAIZA ROMERO MARTÍN, do C.E.I.P. Eugenio López de Cee, polo poema “Baixo os faros”.
A composición gañadora “Un rastro da túa luz” resultou ser un percorrido poético polos faros dende a Torre de Hércules ata o faro de Monte Louro, con estacións no Roncudo, Vilán, Cemiterio dos Ingleses, Touriñán, Fisterra, Lobeiras..., en versos de feitío clásico.
Catgeoría adolescente
Na 2ª categoría (de 13 a 16 anos) o xurado decidiu por unanimidade declarar ex-aequo o primeiro premio. Unha vez abertas as plicas resultaron ser os gañadores do primeiro premio (cadanseu vale por un importe de 100 euros):
- ANA MARÍA GIL REY, de Zas de Carreira, polo seu poema “Andainas dun vello faro”, presentado baixo o lema “A serea do faro branco”.
- DARÍO MIRANDA PASTORIZA, de Bamiro-Vimianzo, polos seus poemas presentados baixo o título e lema de “O lento virar do faro…”.
“Andainas dun vello faro” é unha composición dialogada entre un paxaro e o propio faro que se atopaba só. A conversa realízase en pareados.
“O lento virar do faro…”, cuxo título agradou aos membros do xurado, presenta dous poemas (“Amigo fiel” e “Guía na noite”) que se centran na temática do faro como guía para navegantes.
Categoría absoluta
Na 3ª categoría (maiores de 16 anos) presentáronse un total de 8 composicións, das cales o xurado salienta a súa calidade media. Logo dun debate decidiuse outorgar por unanimidade os tres premios da categoría. Unha vez abertas as plicas os premios corresponderon a:
- 1º premio (dotado con 500 euros) para MODESTO FRAGA MOURE, de Fisterra, pola composición “Alba de luz (Manual de navegación)”, presentada baixo o mesmo lema.
- 2º premio (dotado con 350 euros) para ROCÍO LEIRA CASTRO, da Pereiriña-Cee, polo poema “Desorballando o tempo”, presentado baixo o lema “Axóuxere”.
- 3º premio (dotado con 200 euros) para MARÍA DOLORES CANOSA LÓPEZ, de Vimianzo, por “Três sonetos para três farois”, presentado baixo o lema “Faros da Costa da Morte”.
O xurado quere destacar a calidade da composición gañadora “Alba de luz (Manual de navegación)”, que presenta unha estrutura formada por trece poemas dedicados a cadanseu faro da Costa da Morte, mesmo indicando as súas coordenadas nas cartas mariñas. Con moitas referencias ao mundo clásico, moita musicalidade no ritmo e con especial incidencia no léxico mariño, así como na microtoponimia costeira.
O 2º premio foi para “Desorballando o tempo”, cuxo epígrafe tamén chamou a atención do xurado, sendo unha única composición de longo alento épico e moita narratividade no seu discurso lírico.
E o 3º premio foi para un tríptico de sonetos dedicados aos faros Vilán, Fisterra e Roncudo, que son os tres de máis relevancia na Costa da Morte.
A realización deste certame ten lugar grazas ao Proxecto Singular “Percorrendo Vieiros da Costa da Morte” aprobado pola Deputación da Coruña.
Máis información
Novas relacionadas
- A Semescom difunde os Faros da Costa da Morte cun Certame de poesía.
- Modesto Fraga leva a poesía ata o fondo do mar de Fisterra .
- Unha viaxe pola nosa memoria coa vimiancesa Dolores Canosa.
- Rocío Leira gaña, de novo, na casa .
Máis novas
- Unha noite de poesía e punk para darlle Vitaminas ao galego.
- Serxio Iglesias e Rafa Vilar musicados por Xardín Desordenado.
- Atravesando o Atlántico en verso cos poetas da Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Unha de faros abertos e pechados.
- Visitando os Faros e as Igrexas da Costa da Morte en vídeo e pola rede coa SEMESCOM.
- O Seminario de Estudos Comarcais presentou o deuvedé da maxia dos “Faros da Costa da Morte”.
- Corcubión foi de viaxe polos Faros da Costa da Morte guiados por Manuel Vilar.
- Pola recuperación dos Fachos como patrimonio cultural da Costa.
- I Certame poético sobre os Penedos: Unha de Penedos en verso .