mércores. 04.06.2025
El tiempo

O Día das Letras Galegas é tódolos días

O Día das Letras Galegas é tódolos días
Xose Maria Diaz Castro - Dia das Letras 2014

Xa trouxemos onte as citas culturais para esta fin de semana de Letras Galegas. Pero non queremos que pase esta data sen refrendar o noso sentir ante esta data. Un medio combativo como QPC, que aposta pola nosa lingua como vehículo para chegar aos cidadáns da Costa da Morte, que aposta pola unión con outros medios de Galicia para seguir facendo país.

Temos na Costa verdadeiras referencias na bisbarra, como a xa coñecida en toda Galicia como a Aldea das Letras, a aldea singular do Couto co seu Festiletas. Pero tamén temos moito que mellorar.
Estes días Queremos Galego Bergantiños-Costa da Morte analizaba o estado de saúde da lingua e se ben na Costa da Morte non temos queixa, cómpre mirar cara as cidades, onde a situación é máis ben dramática. E aí temos nós que facer autocrítica, e pensar que lingua falamos cando imos á cidade, cando vivimos na cidade.

Dende QPC seguimos apostando polo galego, dignificando a nosa lingua a través da internet, a única capaz de manter viva unha lingua útil. Por iso, dende a Asociación de Medios en Galego queremos dicir que par nós, tódolos días é o Día das Letras Galegas, a pesar de que a Xunta apenas nos deixe as migallas da partida de publicidade institucional.

Homenaxe a Díaz Castro

E aproveitamos para deixar constancia, que ás veces ata se nos esquece, do homenaxeado este 2014 pola Real Academai Galega, o #PoetaDiazCastro. E o facemos con esta documental, que no ano 1987 realizou a produtora de vídeo Ophiusa acompañando a Díaz Castro polos lugares emblemáticos do seu proceso vital e creativo. “Nimbos de poesía é o resultado desta viaxe ao mundo do autor. Os Vilares, Mondoñedo, Betanzos, Guitiriz, ... desvélanse ante os nosos ollos a través da mirada e da propia voz de Xose María. Todo un testemuño de primeira man da grandeza das cousas pequenas que tanto amaba o poeta”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios