O SNL carballés convoca un novo Premio de Artigos Xornalísticos para reflexionar sobre a lingua galega


Un pracer para QPC formar parte destes proxectos normalizadores. Para un medio no que a aposta pola lingua galega é un axioma, como o ratifican os case 8 anos comunicando integramente en galego, e a nosa vicepresidencia da Asociación de Medios en Galego, apoiar estes proxectos é unha obriga e un pracer.
Falamos do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo, sen dúbida o máis activo da zona, que bota a andar, en colaboración con diversos medios de comunicación escrita, a 11ª edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame que ten como obxectivos promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.
Calquera persoa que teña algo que dicir con respecto á lingua pode presentarse a este certame. Para iso debe escribir un artigo de entre 1.800 e 3.300 caracteres con espazos incluídos e entregalo ou envialo ao Pazo da Cultura de Carballo ata o 15 de abril de 2015.
Nese artigo pode falar sobre a situación sociolingüística do noso país, o fomento da lingua galega, o seu estatus, o argumentario a prol do uso do galego, a lexislación e os dereitos lingüísticos, experiencias sociolingüísticas concretas, propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, experiencias útiles ou favorables para a dinamización da lingua, política lingüística en xeral ou nalgún ámbito ou situación determinada, etc.
Ademais, o galardón ten un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.000 euros, ademais da difusión nos diversos medios de comunicación colaboradores coa iniciativa: Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos.
En edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón, Mariña Pérez Rei ou José Casás. Todos os artigos premiados tiveron unha gran repercusión, xa que foron publicados e difundidos por todos os medios colaboradores cada ano.
Como participar
As bases completas poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo www.carballo.gal). Tamén se pode obter máis información no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico normalizador@carballo.org.
Novas relacionadas
- Premio 2014: Os Exemplos, artigo gañador do X Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2014.
- Premio 2013: O “sotaque” de Aurelia, artigo gañador do certame normalizador de Carballo.
- Premio 2012: Carlos Callón: Fai teu o galego!.
Máis novas sobre a lingua
- Só 6 concellos costeiros reciben as axudas de Normalización da Deputación.
- Aprendendo a cantar nanas en galego.
- A lingua confíase aos nenos.
- O Cumpreanos Feliz xa é #Parabensparati.
- Queremos Galego: “Nestes intres a oficialidade plena do galego é pura ficción”.
- A lingua galega sobrevive na Costa da Morte.
- A Xunta vota en contra da transparencia nas axudas a medios de comunicación.
- De subvencións perdidas e mesas de contratacións envelenadas por Coristanco.
- Da mala praxis de non xustificar as subvencións.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo.