O teatro invade a #AxendaCostadaMorte

08:00 23/10/15

Estreas no FIOT
Chega unha das fins de semana máis esperada do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT). E o motivo é a estrea mundial da obra "Los esclavos de mis esclavos" que será mañá sábado ás 21 horas. A cita de hoxe, tamén moi esperada entre os seguidores do teatro galego, vén da man de Teatro do Morcego que trae ata Carballo a súa obra "Presidente". A función comeza ás 21 horas, ainda que un pouco antes (19 horas) os asistentes teñen a optunidade de conversar cos actores grazas ao "Café con..." . E xa o domingo, os cataláns Atresbandes estrean a obra "Locus Amoenus" dentro do ciclo OTNI do FIOT.Máis teatro
Corcubión, Muros, Vimianzo e Laxe son outros dos concellos da bisbarra que tamén teñen as súas propias citas co teatro. Todas, excepto a de Laxe, son mañá sábado ainda que en horarios diferentes e co tempo suficiente para desprazarse dun lugar a outro. As familias con fillos teñen dobre oportunidade para desfrutar dun día de teatro. Pola mañá, ás 12 horas, Migallas Teatro trae ata a biblioteca da casa da cultura de Corcubión a actuación "Merenda con pan de millo". Xa pola tarde, ás 18 horas, preséntase no auditorio do centro sociocultural de Muros o espectáculo "O último dragón" da compañía Sarabela. E á noite (as 21 horas) a casa da Cultura de Vimianzo comezará a escachar de risa grazas a Malasombra Produccións que trae a súa obra "D.E.P. (A herdanza)" . O domingo continúa en Laxe a IX nostra de Teatro de Outono coa obra "O país dos mandóns" dos ferroláns Ghazafelhos Teatro. A cita é ás 19 horas no salón de actos municipal.Música en Laxe
A Ventana de Laxe estará hoxe e mañá cargada de música. Xabier Díaz, co seu #TheTambourineMan recén estreado, trae esta noite, as 23:30 horas, o seu repertorio xunto coas Adufeiras de Salitre. Un concerto con música galega na que a percusión e a Costa da Morte xogan un papel moi importante. E mañá sábado, os Red Beard encherán de folk ao puro estilo americano o local de Laxe.Conferencia de Ánxel Carracedo
A casa da Cultura de Cee acolle mañá sábado unha conferencia de Ángel Carracedo sobre o "ADN Forense"; unha das súas especialidades. A cita enmárcarse dentro das actividades de "O Mes da Fundación" organizadas pola fundación Fenando Blanco.Sendeirismo
Senda Nova inicia este domingo a cuarta edición do "Outono en Marcha" coa senda das Capelas que discorre polo concello de A Laracha. Os interesados en asistir poden informarse en sendanova@hotmail.com ou no 696 155 232.OktoberFest e música en Cee
Esta fin de semana, venres e sábado, o centro comercial Finisterrae de Cee celebra por todo o alto a OktoberFest onde non faltarán as xerras de cervexa, comida típica alemana, sorpresas e música. Outro dos locales de Cee no que haberá unha boa movida é na Coctelera, xa que hoxe a partir das 00:00 horas contan coa actuación de "Las chicas del swing".Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).