Luns. 09.09.2024
El tiempo

O Xiria Pop pechará un verán de grandes festivais en clave de psicodelia

O Xiria Pop pechará un verán de grandes festivais en clave de psicodelia
Festival Xiria Pop Carballo 2014

A temporada estival vai camiño do seu final. Pero antes teremos unha fermosa traca final. Este sábado, Noite dos Encantos na Furna do Osmo; a vindeira fin de semana, cita electrónica no Fermaz Festival. E para a fin de semana do venres 19 e sábado 20 de setembro, a gran cita do pop internacional da Costa da Morte: o Xiria Pop 2014.

Son variadas as propostas popeiras da Axenda Sonora da Costa da Morte pero o gusto e sabedoría de Xabier Graña fai que as propostas musicais cheguen, en boa parte do outro lado do Atlántico.

Temos de todo, dúas bandas estadounidense, unha de Dublin, unha londinense, unha ferrolá, unha de Bilbao e outra calatana. Aí é nada.

O venres 19, coma sempre na Sala Dublín, chegarán dende Sacramento os Antón Barbeau co seu “old fashioned psychedelic laptop pop”. Virán tamén dende Dublín os Ginnels co seu sesentero suave indie-pop. Antes, subirán ao escenario os ferroláns Los Huéspedes Felices, ca súa mestura entre o folk, o rock, o pop e a psicodelia.

Xa o sábado 20 abrirán os cataláns Fuckin’Bollocks cun rollo máis garage. Dende Londres chegan os divertidísimos King Salami & The Cumberland, dos que mellor non facemos tradución… Volvemos á península para escoitar os blues e swing dos vascos The Reverendos. E uns dos cabezas de cartel chegan dende Seattle, e son nada menos que The Tripwires, co seu auténtico e desgarrador pub rock, que aquí diríamos rock de taberna.

A apertura de portas será ás 22:30h. A entrada diaria custa 10€ e o abono para os dous días, 15.

Antón Barbeau


Ginnels


Los Huéspedes Felices


Fuckin’Bollocks


King Salami & The Cumberland


The Reverendos


The Tripwires


Máis información

Festivais vividos da Axenda Sonora

Fonte

Comentarios