mércores. 07.05.2025
El tiempo

Ponte Lubián prepara as súas sétimas Xornadas Micolóxicas

Ponte Lubián prepara as súas sétimas Xornadas Micolóxicas
Xornadas Micoloxicas EFA Fonteboa

Para a primeira fin de semana de novembro teremos cita coas Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte en Cee. Pero a última de outubro, xa abrimos a veda, pois ten lugar unha nova edición, xa van sete, das Xornadas Micolóxicas de Coristanco que artella a Asociación Ponte Lubián.

O venres 24, ás 8 da tarde na E.F.A. Fonteboa (en Feiranova s/n) contarán con Juan Carlos Lauroba que falará sobre a identificación de especies comestibles da nosa comarca. Tamén participará José Trigo introducindo aos asistentes ao cociñado e conservación dos cogomelos.

O sábado 25, haberá unha saída dende Fonteboa ás 10 da mañá para ir á busca de setas pola zona. Ás 13h. farase a selección das setas recollidas e, os que queiran, comerán en Fonteboa.

Para informarse e inscribirse: 639 630 152 (Andrés). Os prezos para participar nas xornadas son: Adultos. Con xantar: 20 € (socios 10 €); Sen xantar: 10 € (socios 5 €). Nenos: 5 €

Novas relacionadas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Novas micolóxicas

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios