Porque Instagram #qrtm8


Fermosa a nova aposta do Servizo de Normalización Lingüística de Carballo para fomentar o uso do galego nas redes sociais. #qrtm8<(/a> (“quérote moito”) é o hastag que funcionará en instagram dende a Candeloria (o 2 de febreiro) ata o Día d@s Namorad@s (14 de febreiro).
Trátase de darlle amor en galego, a través etiquetas #qrtm8 e #Carballo e etiquetar a @TurismoCarballo. Participar neste xogo do amor, ademais, ten premio. Todas as persoas que participen poderán pasar pola Biblioteca Rego da Balsa a recoller como agasallo un caderno coa imaxe do mural I missed you (o do bico), de Natalia Rak. Ademais, a foto que acade máis gústame ata o 15 de febreiro ás 11.00 horas e tamén aquela outra que a organización considere máis destacada levarán como premio os últimos discos de Ses, MJ Pérez e Chicharrón e máis unha torre de son moi ben equipada para escoitalos.
Fonte
- SNL Carballo.