Venres. 26.04.2024
El tiempo

Que ningún coristanqués quede sen coñecer a Asunción Antelo

Que ningún coristanqués quede sen coñecer a Asunción Antelo
Certame Literario escolar Ascuncion Antelo

A partir deste ano, o Certame Literario Escolar que cada mes de maio se celebra nos centros de ensino do Concello de Coristanco terá nome propio. Poucos exemplos mellores para os nosos e nenas que o de Asunción Antelo, muller loitadora, humilde e artista.

Unha mostra para agradecer o traballo da Rexoubeira de Bergantiños, por darlle prestixio á nosa arte, ás nosas letras e á nosa cultura. Así o certame servirá para axudar a difundir a súa imaxe e a súa obra xa desde o ámbito escolar, e que ningún coristanqués/a quede sen coñecela.

No deseño do cartaz, elaborado polo deseñador gráfico Andrés Díaz e inspirado nunha fotografía da propia Asunción, a organización intena deixar para a posteridade a imaxe desa Asunción madura, no seu momento de efervescencia creadora e vital.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios